Saltar ao contido principal

ACTIVIDADES FORMATIVAS DO MARCO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

Publicada a Resolución do 21 de setembro de 2023 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Esta iniciativa enmárcase no contexto do Marco galego de competencias dixitais, conforme o disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, coa finalidade de lograr unha cidadanía dixitalmente responsable nun contorno onde, cada vez máis, é requirido o uso da tecnoloxía case a diario.
Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración de xustiza; que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral).

IMPORTANTE: Para poder participar no curso «De Codix a ComDix iniciación» deberás dispoñerse previamente da certificación Codix.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 26 de setembro ata o 4 de outubro de 2023.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/ matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a dúas.

As dúbidas relativas ao Marco galego de competencias dixitais e ao certificado galego de competencias dixitais en https://competenciasdixitais.xunta.gal/

Os criterios que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na páxina web da EGAP e que poderán ser consultados na seguinte ligazón https://egap.xunta.gal/ecloud/s/eBXtEfnF8MGqCJB

Da totalidade das prazas de cada actividade formativa, ao persoal de xustiza correspondenos só o 10 por cento.

A EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas.

Se queres acceder a resolución completa podes premer no enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230925/AnuncioO150-180923-0001_gl.pdf

Se precisas saber como podes obter o certificado ComDix, tes toda a información no seguinte enlace:

https://competenciasdixitais.xunta.gal/faqs_es.html#faq-certificacion

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".