Saltar ao contido principal

MOBILIZACIÓN CONTRA A FALTA DE SEGURIDADE NOS EDIFICIOS XUDICIAIS

A Federación de Servizos da CIG, co apoio do Sector de Xustiza da Federación de Administración Pública, desenvolverá unha mobilización diante da Cidade da Xustiza de Vigo, o vindeiro luns 18 de setembro, para rexeitar o novo concurso de adxudicación do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios xudiciais de Galiza. Dende a central levan tempo denunciando que os pregos de condicións non contemplan unha dotación económica suficiente para cubrir os gastos salariais do persoal que vai ser subrogado e que o concurso non dá resposta ás necesidades de vixilancia e seguridade das instalacións.

O responsábel nacional de seguridade privada da CIG, lembra que o proceso estivo cheo de deficiencias dende o principio, até o punto de que a Xunta tivo que desistir do anterior concurso tras as alegacións presentadas pola central sindical reclamando que se corrixisen as anomalías detectadas nos lotes 1 (edificios xudiciais da Coruña) e 12 (Cidade da Xustiza e rexistro civil de Vigo), ademais de non incluirse o edificio de Lalín.

A concentración terá lugar o luns 18 de setembro, as 11:00 horas, na praza da Cidade da Xustiza.

Ligazón:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración