Saltar ao contido principal

A NOTA MÍNIMA DA PROMOCIÓN INTERNA VOLTA A SER DO 60%

No BOE do 29 de setembro de 2023, o Ministerio de Xustiza publica a Orde JUS/1075/2023, de 26 de setembro, pola que se declara nula a Orde JUS/273/2023 de 15 de marzo que en execución de setenza anulaban as bases (quinta-2, sexta-2 e sexta 4) da Orde JUS/291/2019 de 4 de marzo, que fixan as bases comúns dos procesos selectivos para ingreso aos corpos de funcionarios/as ao servizo da Administración de Xustiza.

En pro do principio de seguridade xurídica esta modificación non afecta aos candidatos dos procesos selectivos xa iniciados que, habendose presentado polo turno de promoción interna, houberan superado o primeiro e único exercicio con arreglo ao criterio anterior, habendo obtido unha nota mínima de, polo menos, o 50% pero sen alcanzar o 60%, xa que non é de aplicación retroactiva.

Por conseguinte a nota mínima de corte para promoción interna volta a ser do 60%.

A reserva de nota (nota mínima) na fase de oposición pasa a ser tamén do 60% da nota mínima posible.

Ligazón BOE:

https://boe.es/boe/dias/2023/09/29/pdfs/BOE-A-2023-20260.pdf

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".