A CIG convoca folga de mulleres de 24 horas o vindeiro 8 de marzo de 2021, no “Día internacional das mulleres traballadoras”. Fronte a que poida pensar que non é o momento de convocar unha folga, nunha Galiza con peches perimetrais, con limitacións de mobilidade e mesmo toques de queda, desde o feminismo de clase consideramos que urxe manifestarnos e combater nas rúas os ataques aos nosos dereitos, porque se algo evidenciou a pandemia é que as mulleres seguimos condenadas polo sistema a sufrirmos as máximas consecuencias da crise.
Ligazón argumentario da folga de mulleres:
https://drive.google.com/file/d/1DozC6UlVixfKFbhJbLmbVAWHxlMniBjM/view?usp=sharing
Ligazón mobilizacións comarcais:
https://drive.google.com/file/d/1EH6VPDBV5wxpHoG9nHEmOfYAzZgfY7IR/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario