Saltar ao contido principal

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - A CORUÑA

iDENTIFICADOR DE LA OFERTA:

12/2021/9793
DETALLES:
REQUIRESE 1 TRAMITADOR/A PROCESUAL (C1) PARA A LOCALIDADE DA CORUÑA. REQUISITOS NIVEL FORMATIVO MÍNIMO: BACHARELATO OU EQUIVALENTE E TER ACREDITADO NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO OS SEGUINTES DOUS REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DE EXAME NAS OPOSICIÓNS ÁS CATEGORÍAS DE XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. (CODIGO 39). B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NAS CATEGORÍAS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA: XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL (CODIGO 40). ESTES REQUISITOS/CÓDIGOS DEBEN CONSTAR NA DEMANDA DE EMPREGO PARA INCORPORAR A SÚA CANDIDATURA ÁS OFERTAS. NO CASO DE QUE NON CONSTEN, DEBERÁ PEDIR CITA NA SÚA OFICINA DE EMPREGO PARA ACREDITAR ESTES DATOS. ENVIARÁNSE 5 CANDIDATURAS POR POSTO QUE CUMPRAN TODOS OS REQUISITOS POR ORDE DA SÚA DATA DE INSCRICIÓN NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO. DE NON EXISTIR SUFICIENTES CANDIDATURAS CON TODOS OS REQUISITOS, COMPLETARASE, ORDENADAS POLA SÚA DATA DE INSCRICIÓN NOS SERVIZOS PUBLICOS DE EMPREGO, COAS CANDIDATURAS QUE TEÑAN ACREDITADO O REQUISITO DE EXPERIENCIA (40) E POSTERIORMENTE COAS CANDIDATURAS QUE TEÑAN ACREDITADO A SUPERACIÓN DE EXAMES (39).
CARGO:
TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROBLEMAS SELECCIÓN PERSOAL INTERINO POLO SPEG

Ante os diversos criterios aplicados polas respectivas delegacións de xustiza, a CIG solicitou á dirección xeral unha xuntanza da mesa paritaria de persoal interino da Administración de Xustiza, co fin de acadar  un acordo para fixar uns criterios comúns a seguir para as seleccións, a través do SPEG, de dito persoal. Toda vez que dita reunión está adiada sen data concreta para a súa celebración, por medio desta nova facemos chegar a todas as interesadas/os nos procesos de selección que se levan a cabo polos servizos de xustiza das catro provincias galegas, un modelo de escrito de queixa para que o enviedes, tanto a través do portal de transparencia da Xunta de Galiza como  da páxina da actual Valedora do Pobo (María Dolores Fernández Galiño), a fin de que dunha vez por todas a Dirección Xeral de Xustiza fixe criterios de selección que respecten os principios de publicidade, mérito e capacidade que se establecen na Constitución Española e no TREBEP. Ligazón correos petición mesa interin

POSIBLES PRAZAS VACANTES CONCURSO DE TRASLADOS 2021 - LISTAXES PROVISIONAIS

A Xunta de Galiza acaba de comunicarnos as prazas provisionais que a administración autonómica considera que deben ser convocadas no vindeiro concurso de traslados para o seu análise e posibilidade de engádega doutras que por algún motivo a propia a adminsitración non se percatara de incluir. Ligazón prazas Xestión: https://drive.google.com/file/d/1XEeaNYzVqtJd60XTtPDuOsewXDapTPNi/view?usp=sharing Ligazón prazas Tramitación: https://drive.google.com/file/d/13jXih_XDf6NLUiR1v00lW4SOfacS1BCa/view?usp=sharing Ligazón prazas Auxilio: https://drive.google.com/file/d/1arA7N7Ue4geuuJJ-XSSq0dlzCViGQrD8/view?usp=sharing

TOMAS DE POSESIÓN E NOMEAMENTO DE TRAMITADORES E AUXILIOS OEP 2017-2018

Segundo as previsións comunicadas polo Ministerio de Xustiza a adxudicación de destinos para as opositoras/es do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativo da OEP 2017-2018 e, en consecuencia,  o seu nomeamento como funcionarias/os de carreira, está prevista para a primeira quincena de outubro, previsiblemente sobre o 6 ou o 7. En canto as opositoras/es do Corpo de Auxilio Xudicial, entenden desde o ministerio que poderán tomar posesión en xaneiro de 2022. A CIG solicitou que foran nomeados funcionarias/os de carreira con data anterior ao 31 de decembro de 2021, a fin de que para xaneiro de 2023 xa puideran participar no concurso de traslados.