Saltar ao contido principal

O TSXG, A INSTANCIAS DA CIG, PROPÓN REFORZAR OS XULGADOS DE VIOLENCIA

O pasado día 29 de xuño, tal e como vos informamos no seu momento, delegadas sindicais da CIG reunímonos persoalmente co Presidente do TSXG para trasladarlle a problemática existente en todos os Xulgados con materia de violencia de xénero do país, e especialmente nos exclusivos de Vigo e A Coruña, comprometéndose este a buscar solucións
despois do verán.
Froito diso, o TSXG ven de propoñer, dentro do Plan de actuación COVID-19, reforzar estes xulgados, mantendo o xuíz de reforzo da Coruña e valorando a adscrición doutro/a para Compostela. Ademais, pide que se reforce o cadro de persoal destes órganos, mantendo os reforzos existentes pero tamén aumentando os cadros e establecendo prolongacións de xornada.
No seu escrito o TSXG faise eco das nosas queixas ante unhas xornadas laborais maratonianas máis propias dun servizo permanente de garda.
Ante este requirimento, a Dirección Xeral non pode seguir a facer oídos xordos e debe afrontar dunha vez o grave problema de carga de traballo que soportan estes xulgados, polo que a CIG solicitará unha mesa de negociación específica para este tema.

Ligazón escrito presentado DXX:

https://drive.google.com/file/d/1HdpQ-RLI0e0Zq4EMidxy4HiR_yjSdYdl/view?usp=sharing

Ligazón CXPX:

https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Galicia/En-Portada/El-TSXG-propone-reforzar-con-mas-personal-los-juzgados-de-violencia-sobre-la-mujer-de-las-siete-ciudades

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr