Saltar ao contido principal

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - CHANTADA

 

IDENTIFICADOR DE LA OFERTA:
12/2021/10145
DETALLES:
TRAMITACIÓN PROCESUAL PARA CHANTADA ------ NIVEL FORMATIVO: BACHARELATO OU EQUIVALENTE ------ TER ACREDITADOS NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO OS DOUS SEGUINTES REQUISITOS: (A) SUPERACIÓN DALGÚN EXAME NAS OPOSICIÓNS ÁS CATEGORÍAS DE XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. (B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NAS CATEGORÍAS DE XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL ------ ESTES REQUISITOS DEBEN CONSTAR NA DEMANDA DE EMPREGO PARA INCORPORAR A SÚA CANDIDATURA ÁS OFERTAS. NO CASO DE QUE NON FIGUREN, DEBERÁ PEDIR CITA NA SÚA OFICINA DE EMPREGO PARA ACREDITAR ESTES DATOS. ------ ENVIARÁNSE 5 CANDIDATOS POR POSTO QUE CUMPRAN TODOS OS REQUISITOS E POR ORDE DA SÚA DATA DE INSCRICIÓN NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO. ------ DE NON EXISTIR SUFICIENTES CANDIDATURAS CON TODOS OS REQUISITOS, COMPLETARASE, ORDENADAS POLA SÚA DATA DE INSCRIPCIÓN NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO, COAS CANDIDATURAS QUE TEÑAN ACREDITADO O REQUISITO DE EXPERIENCIA E, POSTERIORMENTE, COAS QUE TEÑAN ACREDITADO A SUPERACIÓN DE EXAMES
CARGO:
TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROBLEMAS SELECCIÓN PERSOAL INTERINO POLO SPEG

Ante os diversos criterios aplicados polas respectivas delegacións de xustiza, a CIG solicitou á dirección xeral unha xuntanza da mesa paritaria de persoal interino da Administración de Xustiza, co fin de acadar  un acordo para fixar uns criterios comúns a seguir para as seleccións, a través do SPEG, de dito persoal. Toda vez que dita reunión está adiada sen data concreta para a súa celebración, por medio desta nova facemos chegar a todas as interesadas/os nos procesos de selección que se levan a cabo polos servizos de xustiza das catro provincias galegas, un modelo de escrito de queixa para que o enviedes, tanto a través do portal de transparencia da Xunta de Galiza como  da páxina da actual Valedora do Pobo (María Dolores Fernández Galiño), a fin de que dunha vez por todas a Dirección Xeral de Xustiza fixe criterios de selección que respecten os principios de publicidade, mérito e capacidade que se establecen na Constitución Española e no TREBEP. Ligazón correos petición mesa interin

POSIBLES PRAZAS VACANTES CONCURSO DE TRASLADOS 2021 - LISTAXES PROVISIONAIS

A Xunta de Galiza acaba de comunicarnos as prazas provisionais que a administración autonómica considera que deben ser convocadas no vindeiro concurso de traslados para o seu análise e posibilidade de engádega doutras que por algún motivo a propia a adminsitración non se percatara de incluir. Ligazón prazas Xestión: https://drive.google.com/file/d/1XEeaNYzVqtJd60XTtPDuOsewXDapTPNi/view?usp=sharing Ligazón prazas Tramitación: https://drive.google.com/file/d/13jXih_XDf6NLUiR1v00lW4SOfacS1BCa/view?usp=sharing Ligazón prazas Auxilio: https://drive.google.com/file/d/1arA7N7Ue4geuuJJ-XSSq0dlzCViGQrD8/view?usp=sharing

TOMAS DE POSESIÓN E NOMEAMENTO DE TRAMITADORES E AUXILIOS OEP 2017-2018

Segundo as previsións comunicadas polo Ministerio de Xustiza a adxudicación de destinos para as opositoras/es do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativo da OEP 2017-2018 e, en consecuencia,  o seu nomeamento como funcionarias/os de carreira, está prevista para a primeira quincena de outubro, previsiblemente sobre o 6 ou o 7. En canto as opositoras/es do Corpo de Auxilio Xudicial, entenden desde o ministerio que poderán tomar posesión en xaneiro de 2022. A CIG solicitou que foran nomeados funcionarias/os de carreira con data anterior ao 31 de decembro de 2021, a fin de que para xaneiro de 2023 xa puideran participar no concurso de traslados.