Saltar ao contido principal

XUNTANZA DA MESA DAS ADMINISTRACIÓN PÚBLICAS - MADRID

Neste martes, 5 de outubro, na xuntanza celebrada en Madrid, a Área Pública da CIG (Administración Pública, Saúde e Ensino) reclamou novamente ao goberno español a retirada completa da taxas de reposición, de maneira que se permita a creación neta de emprego en todas as administracións e a recuperación e reforzo dos servizos públicos. A central trasladou esta demanda na reunión da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas que o ministerio convocou con menos de 24 horas de antelación e sen remitir documentación nin propostas.

O voceiro da Área Pública da CIG, Xabier Picón, denuncia as formas e contido dunha xuntanza que "máis ben foi unha comisión informativa que Función Pública despachou nunha hora, como mero trámite de obrigado cumprimento para a elaboración do Proxecto de Orzamentos do Estado, mais sen ningún respecto polo dereito á negociación colectiva".

No relativo ás retribucións, a CIG considerou insuficiente a proposta de suba do 2% cando o IPC interanual xa está no 4% e hai unha previsión de crecemento do PIB do 5,9%. Ademais, Función Pública non trasladou a posibilidade de contemplar unha cláusula de garantía salarial, incrementando así a perda do poder adquisitivo do persoal empregado público, que na última década sumou preto dun 10%.

Para garantir que a recuperación sexa real e efectiva, engade Xabier Picón, a CIG propón que a suba sexa do 5% anual no período 2022-2024; establecer unha cláusula de garantía salarial para este período; e recuperar as retribucións básicas íntegras na contía das pagas extraordinarias de todos os grupos, que foron recortadas en 2010 polo goberno de Mariano Rajoy baixo a escusa da crise, e que a día de hoxe non se recuperaron na súa totalidade.

Entre outras cuestións, a central tamén demandou o desenvolvemento da normativa sobre a xubilación parcial do persoal funcionario e recuperar as condicións do persoal laboral; abordar a xubilación anticipada en determinados colectivos que traballan en condicións de máis penosidade, perigosidade, toxicidade etc.; e que se fixe a xornada máxima nas 35 horas semanais no conxunto das administracións públicas.

Ligazón:

https://www.cig.gal/nova/a-cig-reclama-a-eliminacion-das-taxas-de-reposicion-para-poder-crear-emprego-neto-e-recuperar-a-xestion-dos-servizos-publicos.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr