Este pasado martes, 3 de maio, a CIG participou na reunión da Mesa Delegada do Ministerio (xunto con CSIF, CCOO, UGT e ELA) para seguir perfilando a nova bolsa de substitucións de LAX. Temos que dicir que foi bastante satisfactoria non só porque aceptaron moitas das propostas feitas pola parte sindical nas pasadas ocasións ( como, por exemplo, valorar os exames de promoción interna, e non só de libre como se pretendía, ou eliminar a necesidade dunha certificación da letrada/o no caso de que alguén do corpo de xestión alegue ter realizado xa tarefas de substitución) senón porque amosaron a súa intención de que esta nova bolsa sexa de curta duración e empezar xa a estudiar un novo sistema de substitucións completamente distinto na que prime a cobertura dos postos por persoal do corpo de xestión procesual . Isto require a modificación da normativa actual, ao que parecen estar dispostos. Sen embargo de momento non atende a unha das nosas importantes reinvindicacións á hora de que non exista discriminación, como é a existencia de límite de puntos no caso da experiencia no corpo de xestión cando non o establece para a experiencia no corpo de letrados/as. A CIG xa solicitou nas dúas últimas reunións que se debe eliminar ese máximo, agora de 10 puntos (1,5 por ano traballado no CXPA) ao igual que sucede coa experiencia como LAX substituto/a (3,5 puntos por ano sen máximo). O representante do Ministerio quedou en estudiar a nosa proposta.
Ligazón folla informativa:
https://drive.google.com/file/d/14XkUzn31XEcgKN8EeDo5Dy6m0W3Twy_Y/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario