Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA - EGAP

A EGAP convoca 37 edicións formativas e 1700 prazas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional con algunhas actividades dirixidas tamén ao persoal das entidades locais, da Administración de xustiza e ao PAS das universidades. As actividades concretas poden consultarse no Anexo II da convocatoria, na columna "Persoal destinatario".


Matrícula aberta desde as 8 horas do 26 de maio ata as 23.55 horas do 3 de xuño na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a cinco.

FC22180 A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade

FC22181 Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

FC22182 Aproximación á violencia de xénero

FC22183 Violencia de xénero na adolescencia e xuventude 

FC22184 Acompañamento social e apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero 

FC22185 Ciberviolencias sexistas. Novos espazos para a violencia de xénero 

FC22186 Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

FC22169 Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos

PI22037 Inglés básico para postos de atención á cidadanía

PI22038 Lingua de signos A1.1

PI22039 Inglés técnico-xurídico para o sector público

PI22040 Lingua francesa. Nivel básico 1

PI22041 Lingua italiana. Nivel básico 1

PI22042 Lingua portuguesa. Nivel básico 1 e nivel básico 2



Ligazón información EGAP:
 
Ligazón DOG:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr