Saltar ao contido principal

POSIBLES INCIDENCIAS NA OPAX AO SOLICITAR COMISIÓNS DE SERVIZO

A administración, unha vez máis, pon a funcionar un sistema informático sen comunicalo previamente e dar unhas instrucións precisas para realizar as peticións de comisións de servizo a través da OPAX, o que se traduce en erros na propia aplicación e dúbidas á hora de realizar as peticións.

Segundo puidemos verificar as dúas incidencias que se poderían dar nas solicitudes serían:

1) Non esta ben explicado se a documentación que se ten que achegar ten que facerse unha vez asinada e presentada a solicitude ou se, pola contra, debe de achegarse a documentación antes de asinar e presentar a solicitude.

2) O arquivo PDF xerado pola aplicación non coincide cos datos gravados pola mesma, polo que xurdían dúbidas sobre que datos ían a manexarse finalmente. O CAU indicou que "...os datos rexistrados no sistema son os correctos...a corrección do PDF necesita unha nova versión...". Polo tanto, aínda que o PDF non recolla exactamente os datos gravados o sistema si o fai polo que a solicitude esta realizada de xeito correcto. En todo caso, de haber algún problema, a través das listaxes provisionais debería de poder correxirse.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr