CARREIRA PROFESIONAL
O Ministerio, ante os avisos de concentracións en toda España pola falta de negociación colectiva e polo incumprimento dos acordos, convocounos onte día 1 para falar da implantación da carreira profesional a nivel estatal. Mais do falado na reunión só se desprende que non teñen interese de abordalo de xeito serio polo de agora, pese a comprometerse a establecer un calendario de traballo e trasladar o borrador inicial.
OEP ESTABILIZACIÓN DE LAX, MEDICINA FORENSE E CORPOS ESPECIAIS
Solicitamos que sexa o máis homoxénea posible coa de corpos xerais e non se utilicen criterios dispares co fin de evitar demandas xudiciais, así como convocar de xeito separado o proceso de concurso do de concurso oposición.
Pero fundamentalmente solicitamos que a eliminación do exame oral para este concurso oposición sexa unha medida que chegue para quedar e que no próximo proceso de promoción interna xa non conste, reivindicación que levamos dende a CIG demandando dende hai moitos anos. Tamén solicitamos, entre outras cousas, que se amplíe o prazo de validez dos cursos de formación.
O Ministerio quedou en analizar as alegacións presentadas e fixar unha nova reunión. Hai que lembrar que a Lei 20/21 obriga a convocar estes procesos selectivos antes de rematar o ano.
Tamén lle demandamos que, antes de final de mes, publiquen as bolsas urxentes de LAX substitutos. Así, faríanse por elas os chamamentos para a cobertura das prazas dos órganos de nova creación ou, no seu caso, as que xeren as ccss.
REIVINDICACIÓNS LOEO SOLICITUDE DE PRESENZA DA DIRECTORA
As OOSS solicitamos que algún alto cargo do Ministerio nos recibise para trasladarlle, cara a cara, a reivindicación dun calendario de negociación da LOEO, norma que de se aprobar tal e como figura no proxecto afectaría directamente ás nosas condicións substanciais de traballo. Así se lle trasladou á Directora para el servicio público de Justicia, María Ángels García Vidal quen manifestou que, ao seu entender, “as leis non se negocian cos sindicatos”.
Houbo que lle recordar a multitude de reunións que tivemos nos distintos procesos de reforma da LOPX, por exemplo. E que é o propio TREBEP o que establece a obrigatoriedade de negociar as condicións de traballo cando estas teñan que ir reflicitidas nunha lei.
Polo tanto, e ante a vaga promesa de trasladar o noso malestar a instancias superiores, as OOSS mantemos a convocatoria de concentracións para hoxe día 2 en protesta pola vulneración do dereito fundamental á negociación colectiva que se está a producir no caso da Lei Orgánica de Eficiencia Organizativa.
Ligazón folla informativa:
https://drive.google.com/file/d/11lMG0QsZxSk7liQOwbmUKzCLgPh6V9uY/view?usp=drivesdk
Comentarios
Publicar un comentario