Saltar ao contido principal

CURSOS PREPARATORIOS CELGA E CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA

Convocatoria de cursos Celga e de Linguaxe Administrativa do segundo cuadrimestre (febreiro-maio de 2023) convocados pola RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Tede en conta que os cursos de linguaxe administrativa galega son equivalentes aos de linguaxe xurídica galega segundo a ORDE do 13 xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

O prazo de solicitude será do 3 ao 13 de xaneiro de 2023.

O día 17 de xaneiro de 2023, o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido.

O prazo para a presentación da documentación na aplicación web será ata o día 20 de xaneiro de 2023 para o alumnado admitido nos cursos do segundo cuadrimestre.

Ligazón DOG:

https://snl.vigo.org/storage/posts/August2022/bWGEhFz9Cz6LaT6yCgaD.pdf

Ligazón coa EOI de Vigo:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoivigo/?q=node/219 

Ligazón coa EOI da Coruña:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoicoruna/

Ligazón coa EOI de Santiago de Compostela:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/convoc_celga

Ligazón coa EOI de Pontevedra:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoipontevedra/node/3061

Ligazón coa EOI de Vilagarcía de Arousa:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoivilagarcia/?q=node/906

Ligazón coa EOI de Ourense:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoiourense/node/645

Ligazón coa EOI de Ferrol:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoideferrol/?q=node/1456

Ligazón coa EOI de Lugo:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/node/1873







Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr