Saltar ao contido principal

ESQUEMA DE SEGURIDADE LABORAL E PLAN DE DESESCALADA EN XUSTIZA - SEN ACORDO

Despois dunha semana de negociación, na que houbo avances importantes dende o primeiro proxecto presentado polo Ministerio, a CIG deu a súa conformidade hoxe aos Anexos II e III do borrador de Orde negociado, se ben non se puido formalizar o acordo ao non acadarse o conforme da maioría sindical coma esixía o Ministerio.
A CIG-Xustiza coida que, ante a incerteza dos seguintes estados de alarma, era bo ter un marco único de normas neste período de tres-catro meses (mentres dure a vixencia do RDL 16/2020), a fin de non quedar ao antollo de todas as persoas e organismos que poden tomar decisións sobre o noso colectivo e, máxime, dada a experiencia destes meses… Ademais, quedaría establecido un marco de partida,o que consideramos favorable para o persoal de cara as negociación do seu desenvolvemento coa Dirección Xeral de Xustiza.
Non asinamos o Anexo I sobre medidas de seguridade laboral ao ser un documento demasiado aberto e con eivas importantes para nós, como é o referente ao subministro de EPIs.
O Ministerio vai publicar unha Orde que, esperemos sexa o último borrador, para regular nas vindeiras semanas o retorno á normalidade na Administración de Xustiza, tendo en conta as indicacións sobre saúde laboral ditadas polo Ministerio de Sanidade, e para poder proporcionar garantías suficientes na volta ao traballo.
Entre estas medidas, temos unhas de carácter organizativo para poder reducir o risco de exposición ao contaxio, como é a incorporación progresiva do persoal que non estea afectado por ningún tipo de patoloxía adicional, e tamén a distribución do horario de prestación dos servizos.
Subliñamos o máis destacado nesta nota, coa que achegamos un resumo das medidas acordadas en canto a desescalada e as quendas, así como o último borrador presentado polo Ministerio, e quedamos ao voso dispor para calquera aclaración que precisedes.


Ligazón esquema de desescalada e quendas:

Ligazón borrador Orde aproba o Esquema  de Seguridade Laboral e Plan de Desescalada:
https://drive.google.com/file/d/1J3lXQoZxHw1AMaRUvA7ajy9-_xQUfAT-/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr