Con relación ao concurso de traslados ordinario 2020 entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, comunicóusenos polo Ministerio que se enviou ás Comunidades Autónomas con competencias transferidas as instrucións e o ficheiro de prazas, para que pola mesmas se indicaran as vacantes para anunciar en cada ámbito territorial.
Nestes momentos é difícil facer unha previsión da publicación do anuncio do concurso no BOE, dadas as circunstancias, pero procurarase que sexa en datas parecidas ao ano pasado.
Comentarios
Publicar un comentario