Saltar ao contido principal

INFORMACIÓN IMPORTANTE MUXEXU - VACINACIÓN COVID-19

A  Mutualidade Xeral Xudicial emitiu un comunicado, a través da súa páxina web, para indicar  que, ante o próximo inicio da campaña de vacinación do COVID 19, faise necesaria a correcta identificación do colectivo de  MUXEXU para a súa fácil localización por parte da administración sanitaria que resulte responsable da mencionada vacinación. Por iso, consideran imprescindible que se realice unha actualización urxente dos datos de  mutualistas e beneficiarios adscritos a asistencia médica concertada con compañías privadas de seguro, en primeiro lugar, aproveitando tamén para actualizar os datos de contactos de todos os  mutualistas e beneficiarios, en xeral.

Así, nunha primeira fase,  os  mutualistas que  non teñan actualizados os seus datos persoais ou os dos seus beneficiarios en  MUXEXU, deben proceder de inmediato a modificar ou completar os mesmos, accedendo para iso á sede electrónica na seguinte ligazón: 

https://sedemugeju.gob.es/datos-personales

Máis adiante, e no caso de resultar necesario,  MUXEXUU poñerase en contacto co colectivo afectado polas distintas fases de vacinación, facilitando na medida do posible medios alternativos de actualización dos seus datos.

Ligazón Circular:

https://www.mugeju.es/sites/default/files/archivos/resolucion-boe-circular-normativa/Circular%20Actualizaci%C3%B3n%20Datos%20Colectivo_firmada.pdf

Ligazón información campaña vacinación:

https://www.mugeju.es/noticias/2021-01/campana-de-vacunacion-frente-la-covid-19

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr