Saltar ao contido principal

ACTUALIDADE MESA SECTORIAL MINISTERIO MADRID

O Ministerio de Xustiza, en reunión celebrada no día de hoxe, trasladounos determinada información relacionada cos temas pendentes de resolver tales como concurso de traslados, oposicións, etc:

Previamente, a CIG preguntou concretamente por dúas cuestións:

1) Se o Ministerio tiña estudado xa o procedemento que ia aplicar no caso da Disposición Adicional 158 da Lei de Orzamentos do Estado para o caso das cotizacións á seguridade social do persoal interino que prestou servizos con anterioridade a 1990. O Ministerio trasladounos que están a estudar as distintas posibilidades de artellar un sistema que de cobertura á citada disposición adicional.

2)  Cal era  a previsión de entrada e posta en funcionamento dos 33 órganos creados no ano 2020, ao cal contetóusenos que en breve remitiríase a programación de posta en funcionamento de ditos órganos.

CONCURSO DE TRASLADOS CORPOS XERAIS.- A intención, e así estaba planificado, era publicar a resolución definitiva do concurso de traslados o próximo día 21 de xaneiro. Debido aos problemas xerados na capital do estado pola borrasca "Filomena" a citada data vaise ver modificada xa que o dito temporal afectou ao persoal que se ocupa deses trámites, polo que estiman que o máis probable é que polo menos se atrase un par de días.

CONCURSO MUXEXU.- Está previsto que nos remitan en breve o borrador da orde de convocatoria previamente á súa remisión ao BOE.

XESTIÓN PROCESUAL QUENDA LIBRE.- Calculan que a listaxe provisional de méritos poderá sacarse a partires do 25 de xaneiro.

TRAMITACIÓN PROCESUAL QUENDA LIBRE.- Séguese traballando na valoración de méritos da fase de concurso, trámites que tamén se viron afectados polo referido temporal, calculando que a listaxe provisional de méritos estea nas próximas semanas, despois da listaxe provisional de Xestión Procesual.

AUXILIO XUDICIAL.- Nestes intres estase a barallar a segunda quincena de marzo (20 ou 27 de marzo) como data posible de exame, pero a situación actual de evolución moi negativa da pandemia, que mesmo vai provocar o atraso das eleccións en Catalunya, fai previsible que mesmo poida haber novos atrasos na realización dos exames. Ademais, infórmannos que o Ministerio vai tentar que estes exercicios poidan realizarse desde as provincias de orixe dos opositores, cuestión que van tratar en próximas reunións coas CCAA con competencias na materia.

PRÓXIMAS CONVOCATORIAS.- Seguen mantendo que a súa intención sería publicar para os meses de maio ou xuño as próximas convocatorias de promoción interna dos procesos selectivos derivados da  OPE do ano 2019, quedando a quenda libre para datas posteriores.

En videiras datas o Ministerio comprometeuse a manter xuntanzas para concretar a OPE do 2021 e ir decicindo outras cuestións relativas aos próximos procesos selectivos, como a concreción das prazas para ofertar da  OEP do 2019 por ámbitos territoriais.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr