Segundo a RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, publicada no DOG o pasado 12/08/2020, ábrese o segundo prazo de inscrición para os cursos de linguaxe administrativa galega, equivalentes aos de linguaxe xurídica galega.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde desde o *5 ata o 15 de xaneiro de 2021*, para os cursos que se impartirán no segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
A obtención do número para a adxudicación das prazas nos cursos do segundo cuadrimestre realizarase en acto público, o día 18 de xaneiro ás 13.00 horas, na EOI de Ourense (r/ Mestre Vide, núm. 10, Ourense). O día 19 de xaneiro o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido.
EOI Compostela:
Superior febreiro-maio 2021
EOI Lugo:
Superior febreiro-maio 2021
Medio febreiro-maio 2021
EOI Ourense:
Medio febreiro-maio 2021
EOI Pontevedra:
Medio febreiro-maio 2021
EOI Vigo:
Medio febreiro-maio 2021
Ligazón Resolución:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200812/AnuncioG0534-040820-0002_gl.pdf
Ligazón inscrición:
https://www.eoidigital.com/preinslinguagalega/alumnos/index.php
Comentarios
Publicar un comentario