Saltar ao contido principal

XUNTANZA COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL - 19-06-2020

Hoxe tivo lugar a xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral e, polo menos, a adminsitración saiu da súa indefinición no tema do persoal especialmente sensible, ainda que non da mellor maneira posible, segundo a nosa opinión.
Aquí vos deixamos os puntos máis salientables tratados en dita xuntanza:

Distribución EPIs. Os pedidos tiveron que chegar a finais da semán pasada ou principio desta para 15 días.

Salas de vistas. Colocarase unha pegatina co aforo das mesmas. A CIG reiterou a petición realizada días atrás de que debería de realizarse un protocolo de actuación tanto de salas de vista, como dos servizos comuns de actos de comunicación como de entrada e aforo aos edificios xudicias, para evitar as discrecionalidades e distintos criterios dos respectivos xuices decanos.

Mamparas. Séguense mantendo os 2 metros entre posto e posto como distancia mínima a respectar.

Quendas de tarde. Modifícanse as quendas de tarde, xa que nalgúns órganos supliron as distancias dos dous metros con mamparas. Publicarase un novo anexo e só quedarían quendas de tarde nalgúns órganos da Coruña e Lugo. Logo cabe entender, pese a reiteración da CIG en que se flexibilizase a elección da quenda de tarde por algúns traballadores, que nos centros onde non este autorizada esta actuación non se poderán realizar tardes por moito que a/o letrado considere que pode autorizar o mesmo.

Horario. Mentres sigamos na fase 3 establecida na Orde JUS/394/2020, do 8 de maio, pola que se aproba o Esquema de Seguridade Laboral e o Plan de Desescalada para a Administración de Xustiza, e dicir, como mínimo ata o 21 de setembro, o horario de traballo será de 6 horas/dia.
Aclarar que na Fase 4 «Actividade normalizada conforme á situación anterior ao estado de alarma»: iniciarase no momento en que se levanten as recomendacións sanitarias que permitan retornar á situación de funcionamento anterior á devandita declaración.

Segundo o borrador da circular que van a publicar, resumimos os seguintes aspectos:

1.- O persoal acollido ao permiso por deber inescusable deberá incorporarse ao seu posto de traballo o 22 de xuño de 2020.

2.- Persoal especialmente sensible. Daranse por finalizados os permisos concedidos ao persoal que, tendo solicitado a valoración da súa situación de vulnerabilidade ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais, RECIBIRA xa o correspondente informe e este clasifícase como Nivel de Risco NR1, NR2 ou NR3, (sen recomendación de baixa). Os clasificados como NR4, no máis dos casos terían que tramitar a baixa por IT. Pola CIG volvemos a insistir nas nosasa alegacións en que debería de dictarse unha resolución propia para cada interesado indicando, no seu caso, a data de reincorporación e as medidas a adoptar na mesma.

3.- Teletraballo. O persoal comprendido nos dous apartados anteriores terán preferencia no acceso ao teletraballo cos mesmo requisitos e condicións establecidos pola Resolución do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza. A CIG volveu mostrar a súa oposición a que os Letrados teñan na súa man a decisión de quen pode ou quen non pode teletraballar; pode darse a circunstancia que unha persoa cunha determinada enfermidade especialmente sensible e, a pesares da valoración pertinente do servizo de prevención, lle sexa denegado o teletraballo e a outro compañeiro/a lle sexa concedido dito teletraballo ainda respectandos en ambos casos a porcentaxe de traballadores presenciais e en teletraballo fixados na Resolución de 8 de xuño.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr