Outra
foto para a vergoña. Os participantes do contrato de compravenda do 2018 asinan
agora o destino dos cartos procedentes de 114 días de resistencia dos
traballadores e traballadoras. E así todos e todas contentos/as. A Xunta ten a
súa foto en plena campaña e as OOSS... as OOSS non sabemos que gañan (se
cadra deixar un clima de enfrontamento entre o persoal e perder a oportunidade
de acadar unha mellora única para a xustiza galega) pero dende logo os traballadores
e traballadoras seguimos a perder... e senón ao tempo. Só hai que deixar pasar
as eleccións...
*Nota.- Como podedes comprobar na foto a sinatura da carreira profesional e un acto importante e por iso un dos "comparsas" permítese estar a xogar ao "candy crush"... ou iso parece.
Comentarios
Publicar un comentario