A Dirección Xeral, vulnerando o que debe ser unha mesa sectorial, convocounos no día de hoxe para facer un paripé e somente informarnos das súas intencións. A pesares das obxecións prantexadas a varios dos puntos da orde do día, finalmente o Director manifestou que non haberá modificacións nin na relación de postos de nova creación, nin no borrador que pretende regular as comisións de servizo e, por suposto, tampouco nas contías que se van a incrementar no CAT aos corpos de Xestión e Médicos Forenses. O persoal dos corpos de Tramitación e Auxilio non tiveron sorte desta vez e as migallas non chegaron para poder subirlles a eles o CAT.
Ligazón folla informativa:
https://drive.google.com/file/d/1TY2BLdvc4CA_Y93uoiEhTgJWDJQYa17k/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario