O vindeiro mércores 6 de abril o sistema de videoconferencias Cisco Meeting deixará de estar operativo no partido xudicial de Santiago de Compostela. Todos os actos con participación telemática que se efectúen a partir desa data realizaranse co novo sistema de videoconferencias Cisco Webex.
Se o teu órgano pertence ao partido xudicial de Santiago, no caso de que xa teñas organizada algunha videoconferencia con Cisco Meeting que se vaia realizar despois do 6 de abril, lembra que debes enviar os novos datos de conexión da túa sala Cisco Webex ás persoas participantes. Se non o fas, as persoas participantes estarán a empregar datos de conexión obsoletos e non se poderán conectar á videoconferencia.
Consulta máis información sobre Cisco Webex aquí.
Tamén podes ampliar os teus coñecementos sobre o sistema realizando o curso dispoñible na plataforma de teleformación.
Ademais, nesta infografía interactiva atoparás todo o proceso para realizar a videoconferencia con éxito, explicado paso a paso.
Comentarios
Publicar un comentario