A Federación de Administración Pública da CIG tivo que requerir ao sindicato SPJ-USO para que se abstivese de usar imaxes propiedade da CIG e sobre as que carecen de autorización para a súa difusión.
--------- Forwarded message --------- De: <secretarionacional@cigadmon. Date: ven., 7 de out. de 2022 ás 12:56 Subject: Retirada cartaz "mal chamada suba salarial estatal" To: <spjusogalicia@fep-uso.es> Bo día, comunícolle que no día de onte o sindicato SPJ-USO fixo unha publicación na súa páxina web dun cartaz chamado “mal chamada suba salarial”. Dicirlle que o cartaz que publican inclúe unha imaxe que ten dereitos de autor e que están ao nome da CIG. Por iso solicítolle a retirada de inmediato. Do contrario este sindicato emprenderá accións legais contra o sindicato SPJ-USO e os responsables do uso de imaxes sen autorización legal. Achego tamén o cartaz orixinal da CIG. Un saúdo. O secretario nacional CIG Admón. Pública Luis Carballo Pose. | ||
Comentarios
Publicar un comentario