Publicouse na intranet o 15/3/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 16, 17 e 20 de marzo. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A.
Ligazón oferta prazas substitución:
https://drive.google.com/file/d/1YRESAWpE4BnX7dPr9CVyUtcvb3F6OF1n/view?usp=sharing
Ligazón Anexo II:
https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing
Ligazón solicitude xenérica PR004A:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A
Comentarios
Publicar un comentario