Saltar ao contido principal

POSICIONAMENTO DA CIG ANTE A PROPOSTA DE ACORDO DA FOLGA DE LETRAD@S

Na tarde do luns, trala petición unánime das OOSS e, despois de días de ocultismo e silencio, o Ministerio informou da proposta de acordo trasladada ás asociacións de LLAX o pasado venres. Ante o contido da mesma, a CIG quere manifestar o seguinte:

PRIMEIRO.- Que os únicos representantes legais do corpo de LLAX con capacidade negociadora son as organizacións sindicais e que non será legal ningún acordo que non sexa previamente aprobado na mesa sectorial na que están representados CIG, ELA, CCOO, UXT, STAJ e CSIF.

SEGUNDO.- Que froito desa representación, en virtude dun acordo asinado pola CIG en 2021, o complemento específico dese corpo incrementouse en 195 euros.

TERCEIRO.- Que a implantación dos Tribunais de Instancia pola nova Lei de Eficiencia Organizativa (de chegar a aprobarse) suporá un esforzo para todo o persoal da Administración de Xustiza, podendo modificar sustancialmente as condicións de traballo en moitísimos casos. De feito xa se convocaron varias concentracións en meses pasados contra o texto do anteproxecto. 

É por iso polo que rexeitamos unha suba unicamente para un dos corpos implicados nesa implantación alegando unha suposta “centralidade transversal”. De feito, o proxecto de LOEO, con respecto aos arts. 440 a 469 bis correspondentes ao Título II do Libro V, que é onde se regula o corpo de Letrados/as, só contempla unha leve modificación dos arts. 464 e 466 sobre a elección de Secretarios/as de Goberno e Coordinadores. Sen embargo, do Libro VI, sobre o resto de corpos da Administración de Xustiza, hai propostas de modificación das funcións, dos centros de destino, a ubicación dos postos, etc....

CUARTO.- Denunciamos a ilegalidade da constitución de grupos de traballo sobre cuestións claramente obxecto de negociación colectiva. As partes queren con este acordo vulnerar o establecido no art. 444.2 que establece como dereito profesional do corpo “que as asociacións profesionais sexan oídas en todas aquelas materias que afecten ao seu estatuto orgánico”. Que sexan oídas non significa, por suposto, que se negocie con elas, e menos cando, como dixemos, a LOEO non muda o seu estatuto orgánico contemplado no Cap I do Título II do Libro V. De producirse tal negociación, a CIG acudirá aos tribunais, que xa sentenciaron no seu día a nulidade dunha norma sobre substitucións de LLAX por falta de negociación colectiva, ademais de propor e apoiar medidas de forza en contra de tal situación. 

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1i_p5rUkkX_5zlhV72IPfBp6o9jkysOU3/view?usp=drivesdk

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr