Saltar ao contido principal

PETICIÓN DE CREACIÓN URXENTE DO XULGADO Nº 4 DE VILAGARCÍA

A CIG remitiu no día de hoxe un escrito á comisión mixta a fin de que dunha vez por todas se inclúa, como prioridade máxima, a creación dun cuarto xulgado en Vilagarcía de Arousa, toda vez que desde fai máis dunha década este partido xudicial soporta unha elevadísima carga de traballo e, por máis que dita petición ten pasado en varias ocasións por esa comisión nunca se acadou o suficiente consenso para a creación definitiva do mesmo. Entendemos que desta volta o xulgado mixto nº 4 de Vilagarcía debería de ser unha prioridade absoluta para o TSXG e para a comisión mixta e así llo fixemos ver no noso escrito. Para paliar temporalmente esta situación solicitouse asimesmo a dotacion dun xulgado bis cun xuiz e tres ou catro funcionarios que puideran facerse cargo de parte da sobrecarga de traballo existente.

Ligazón escrito presentado:

https://drive.google.com/file/d/1Db_5YNLmG1iFrvnZm5x2wo8OcOtP_1qh/view?usp=sharing

Ligazón Faro de Vigo:

https://www.farodevigo.es/arousa/2023/03/21/juzgado-bis-vilagarcia-frene-espantada-84936122.html

Ligazón Pontevedra Viva:

https://pontevedraviva.com/xeral/93585/cuarto-juzgado-vilagarcia-demanda-remonta-a-2007-continua-solucion/?lang=es

Ligazón La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2023/03/22/comision-xustiza-reclama-nuevo-cuarto-juzgado-vilagarcia/0003_202303A22C3991.htm


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr