O Rexistro Civil de Lugo comeza o 15 de outubro a dar cita previa a través de Internet para realizar determinados trámites e evitar, deste xeito, a coincidencia de varias persoas na súa sede e os desprazamentos innecesarios. Lugo convértese así no primeiro rexistro civil de Galicia en poñer en marcha este sistema, ao que se sumarán o resto de rexistros nos vindeiros días de outubro:
Pontevedra o 20/10/2020.
Santiago o 22/10/2020.
Ferrol o 26/10/2020.
Ourense o 28/10/2020.
A partir do 1 de novembro será indispensable que a cidadanía obteña vez para realizar todos estes trámites e descargue e cubra a documentación antes de acudir ás instalacións de forma presencial. A través da web www.xustiza.gal, os cidadáns poderán pedir cita e descargar os formularios que se deben presentar para levar a cabo cada un dos trámites. Ademais, nela especificarase a documentación requirida, a fin de que a cidadanía se desprace á sede coa mesma e cos formularios cubertos, o que permitirá axilizar os trámites e evitar visitas innecesarias á sede xudicial.
O máis inaudito desta nova que, en principio debería ser positiva, resulta que nada máis lonxe da realidad e que agora o cidadán vai ter que ter no seu domicilio non so un ordenador e unha conexión a internet se non que tamén vai ter que ter instalada unha impresora para descargar e imprimir a documentación que logo terá que cubrir. Isto si que é unha boa atención á cidadanía.
Comentarios
Publicar un comentario