Hoxe publícase no DOG a Resolución do 30 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2020 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galiza.
A información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co correspondente certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.
As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles (ata o 3 de novembro) contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.
Ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201020/AnuncioG0595-161020-2_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario