Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MADRID – TELETRABALLO – 08/10/2020

Hoxe tivo lugar unha xuntanza co Ministerio de Xustiza, como ven sendo habitual de xeito telemático, no que dito departamento ministerial nos trasladou os eixos fundamentais nos que pretende asentar a regulamentación sobre teletraballo na Administración de Xustiza.

Nesta primeira xuntanza de contacto co Ministerio sobre este tema, desde a CIG trasladámoslles as seguintes cuestións:

1) A apreciación da deficiente regulación legal a través do artigo 47bis do EBEP (na lexislación xeral hai 22 artigos no RDL 28/2020 para regular o teletraballo e os traballadores públicos temos un único artigo no EBEP), que non recolle no corpo do seu articulado, segundo o noso punto de vista, suficientes garantías para as traballadoras e traballadores que vaian realizar teletraballo na administración, o que xa produciu que a CIG non asinara no seu día o acordo sindical sobre a modificación de dito artigo.

2) Trasladámoslle igualmente a administración que, con esta pretendida negociación, se estaba a facer a casa polo tellado, posto que a día de hoxe non temos ningún programa de xestión e interconexión entre todos os órganos xudiciais de España e ademais non só existen unhas bases de datos totalmente corrompidas, se non unha implantación moi deficitaria e dispar do expediente xudicial electrónico, como para poñernos agora a implementar o teletraballo. A CIG non se opón a que se faga unha regulamentación do teletraballo pero si é consciente dos outros problemas máis graves que acucian a Administración de Xustiza no eido tecnolóxico e que, a día de hoxe, non están resoltos e, se non os resolvemos, o teletraballo será un problema máis a engadir aos existentes.

3) No que a negociación da regulamentación do teletraballo se refire puxemos tamén en dúbida que este mesmo proxecto igual tamén está a ser estudado no eido do Ministerio de Administracións Públicas e debería de terse en conta iso para as engádeas que puideran ser aportadas a este proxecto de regulamentación.

4) Incidimos, como o resto de centrais sindicais, en que os LAX non poden ser os que teñan a facultade de decidir que traballadoras/es poden facer teletraballo ou non nun órgano xudicial, porque o LAX así o considere oportuno. Unha cuestión e que os LAX emitan un informe sobre a conveniencia ou oportunidade da realización do teletraballo e outra moi diferente e quen ten finalmente a decisión administrativa sobre a concesión de dita petición. Desde o Ministerio estase a traballar nunha aplicación informática para recoller tanto a petición das interesadas/os como os posibles informes dos LAX para logo adoptar eles a decisión correspondente.

5) Finalmente, fixemos moito fincapé en que había que facer un grandísimo esforzo inversor no eido da formación nestas novas tecnoloxías e formas de traballar. De nada serve ter aplicacións informáticas e ter a posibilidade de teletraballar, se ao final non somos quen de sacar o 100% do rendemento a todas estas ferramentas informáticas por descoñecemento do uso das mesmas.

6) Como un apuntamento máis, no territorio de competencia ministerial, neste momento, están a teletraballar 3022 traballadoras/es (nalgúns casos con equipos facilitados polo propio Ministerio). De aquí a final de ano teñen xa adxudicada a compra de entre 3000-4000 equipos portátiles para desempeñar o teletraballo e mentres aquí en Galiza, a preguntas de CIG no comité de seguridade e saúde laboral, a Dirección Xeral de Xustiza nin sabe nin contesta sobre a petición ao AMTEGA de previsión e adquisición de portátiles para realizar teletraballo na Administración de Xustiza en Galiza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr