Saltar ao contido principal

A CIG DENUNCIA A REDUCCIÓN DA SEGURIDADE DO EDIFICIO DA CIDADE DA XUSTIZA

A Federación de Servizos da CIG ven de presentar alegacións ao prego do concurso de adxudicación da vixilancia e seguridade dos edificiós xudiciais de Galiza. A Xunta pretende recortar e precarizar o servizo de seguridade privada na Cidade da Xustiza de Vigo e prescinde de tres traballadores/as. Nas condicións do concurso reducense até un 30% as horas de vixilancia do edificio xudicial que, segundo a propia Xunta, é a xoia da coroa dos edificios xudiciais de Galiza.

O sector de xustiza da Federación de Administración Pública non pode máis que apoiar aos compañeiros da Federación de Servizos nas súas reclamacións posto que, se sae adiante a adxudicación do concurso nos actuais termos, deixará de prestarse servizo pola noite os 365 días do ano; reduciranse drasticamente as xornadas laborais, pasando de 10 a 6; e ademais o edificio da Cidade da Xustiza quedará sen vixilancia polas tardes, xa que unicamente se prestará no aparcadoiro e no rexistro civil da rúa Lalín. 

A todo isto debe de engardirse que o persoal funcionario xudicial pode facer horario flexible ata a 18:00 horas polo que o control de entradas e saidas polo persoal de seguridade debe de estar garantido e, con un único garda de seguridade atendendo o acceso ao aparcadoiro, difícilmente pode garantirse un mínimo de seguridade nas instalacións xudiciais. Debe terse en conta tamén que o edificio debe de pecharse completamente a partir das 20:00 horas, horario no que remata a prestación do servizo do xulgado de garda, e cabe preguntarse como un único garda vai poder verificar e supervisar o estado correcto de todas as instalacións xudiciais (por exemplo, que non quede ninguen no inmoble) se estamos a falar duns 44.0000 metros cuadrados de superficie.

Ligazón escrito presentado:

https://drive.google.com/file/d/1mVIrv45ifgOFnwWg3MtyPcMfsBznRO0I/view?usp=sharing

Ligazón nova:

https://www.cig.gal/nova/a-xunta-recorta-o-servizo-de-seguridade-privada-na-cidade-da-xustiza-de-vigo-e-prescinde-de-tres-traballadores-as.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".