A CIG presentou o 31/05/2023 denuncia ante a Mesa Electoral Provincial das eleccións sindicais do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Pontevedra, toda vez que o 30/05/2023 detectáronse 40 peticións de voto por correo realizadas nunha única oficina de correos da provincia de Pontevedra, que foron presentadas de xeito correlativo no tempo e en dous días concretos do mes de maio. Ante semellante despropósito a CIG solicitou da mesa electoral, tras a comprobación dos datos pertinentes, a anulación de ditos votos por correo e que se remitira copia da denuncia realizada ao xulgado de garda de Vigo e á Fiscalía de Área de Vigo por si se houbera producido un posible delicto de fraude electoral, ao non cumprirse os requisitos establecidos na lei para efectuar ditas peticións de voto por correo. Segundo os datos aportados pola CIG, as peticións supostamente foron realizadas sen intervención nin identificación dos interesados polo persoal de Correos, xa que a imposición dos certificados fíxose en horario matinal e en días laborais, polo tanto os traballadores estarían nos seus postos de traballo e ademais, en moitos dos casos, mediaban varias decenas de kilómetros entre os centros de traballo de dito persoal e a oficina de Correos implicada. Este tipo de actuacións, máis propia de mafías que dun proceso electoral onde todos intentamos presentarnos en igualdade de condicións, da a impresión que hai alguen que prefire xogar sucio e non acatar as normas establecidas.
Ligazón escrito presentado:
https://drive.google.com/file/d/1EDRgkI2Ls923F5TrN8v-H8gr-yHvlEuJ/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario