Saltar ao contido principal

SOPLAN AIRES DE PRIVATIZACIÓN NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Nestes últimos días estanse a convocar unha serie de actos por parte dos colexios de procurador@s e avogad@s para denunciar o colapso xudicial en Galiza. Segundo reflicten os medios, que neste caso si se están a facer eco das reivindicacións, "...a avogacía reclama un pacto de Estado tralas eleccións xerais do 23 de xullo (...) asegurando a participación efectiva dos profesionais que interveñen nela" (La Voz de Galicia, 28/06/23). 
 
Dentro das solucións que propoñen para solucionar este colapso está o establecemento dun sistema como o portugués: “Os procuradores reclaman máis competencias para desatascar a Xustiza. O sistema portugués outorga aos axentes de execución as facultades para efectuar, sempre baixo o control xudicial, a realización de embargos, citacións, notificacións e ventas de bens embargados. E esas son parte das competencias que reclaman os procuradores galegos para «eliminar o atasco xudicial» (La Voz de Galicia, 28/06/23). 
 
Estas reivindicacións non son novas, nin derivan da situación actual. O certo é que dende hai tempo a procuraduría está a atravesar unha grave crisis existencial dado que algunhas reformas legais así como sistemas informáticos como o LEXNET fan evidente que é unha figura que cada vez ten menos razón de ser. Nesta situación é lóxico que busquen a súa subsistencia pero non a cargo de privatizar un servizo público. 
 
Non é o primeiro intento neste sentido. No trámite de emendas á LOEO no Congreso, os grupos parlamentarios de PP, VOX e Ciudadanos presentaron as seguintes no sentido de ampliar as competencias d@s procurador@s: 
 
Emenda 11, grupo parlamentario Ciudadanos. Proposta redacción art. 543.2 da LOPX: 2. 
En los casos previstos en la Ley, corresponde a los procuradores, sin perjuicio de la participación de otros profesionales, la realización de los actos de comunicación judicial, las actividades materiales propias del proceso de ejecución, los actos de cooperación, auxilio y colaboración con la Administración de Justicia y los Tribunales.» 
 
No mesmo sentido a emenda 338 do Grupo Parlamentario Popular e a 388 do Grupo Parlamentario VOX.
 
Debe ser que se venta a chegada da dereita ao poder en Madrid e xa se están ocupando as posicións de cara a acadar o obxectivo. Non se entende senón que sexa agora cando se producen estas reivindicacións porque a falta de medios na xustiza galega e o colapso non é de agora
 
Claramente hai que reformar a xustiza en moitos aspectos para facela máis áxil e eficiente, pero sempre dentro do seu carácter público. Non fai falta que veña ninguén a facer o traballo que o funcionariado de Xustiza vimos facendo de sempre, iso si, en pésimas condicións laborais. Non precisamos que veñan os/as procuradores/as a axudarnos. O que precisamos son máis órganos, máis persoal funcionario e mellores medios informáticos.
 
Precisamos que dunha vez se implante o expediente dixital pero para iso hai que mellorar as aplicacións e sistemas informáticos e unha completa formación para o seu manexo. 
 
- Perdemos moito tempo de traballo intentando solucionar as eivas de Minerva e do resto de aplicacións. 
- Perdemos moito tempo imprimindo e “cosendo”. 
- Perdemos moito tempo facendo fotocopias. 
- Perdemos moito tempo suspendendo xuízos e volvendo a citar por causas alleas aos xulgado. 
- Perdemos moito tempo en trámites e reclamacións absurdas. 
 
Ante estes ataques, debemos defender o noso traballo e a Xustiza como servizo público e gratuito. A CIG oporase a calquera intento de privatización, como vén facendo dende sempre. Porque o público é servizo e o privado beneficio. Está no noso voto evitalo. 
 
Ligazón folla informativa:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".