Saltar ao contido principal

CURSOS DE AUTOFORMACIÓN EGAP 2023

No DOG do 19 de xuño de 2023 saíu publicado o programa de autoformación para o persoal da Administración de Xustiza de Galiza.

Neste programa temos que diferenciar dous tipos de cursos:

- Por unha banda están os cursos do Anexo I, que son única e exclusivamente de formación, onde podemos acceder a uns contidos. Estes cursos non teñen proba de avaliación nin tampouco nos dan ningún tipo de diploma.
- Por outra banda están os cursos do Anexo II, que non teñen formación e unicamente ofrecen a posibilidade de acreditar a nosa competencia mediante a realización dunha proba de avaliación, que de superala permitiranos a obtención dun certificado de equivalencia.
Cómpre ter en conta que o acceso aos contidos (anexo 1) non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin tampouco é un requisito para matricularse nelas, pero só as persoas que se matriculen nestas probas (anexo 2) e as superen, terán dereito a obter un certificado de equivalencia, que terá o mesmo valor que un de aproveitamento.

Para superar as probas de avaliación (anexo 2), o alumnado deberá responder de forma correcta a un 60 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontan.

CURSOS DO ANEXO 1 (Contidos) 

A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 1 de xullo de 2023, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

Poderase acceder aos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 28 de decembro de 2023.

Aquí non hai límite de cursos a solicitar.

CURSOS DO ANEXO 2 (Probas de avaliación)

O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será dende o 20 ao 30 de xuño de 2023.

O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que podo solicitar limítase a
cinco.

Para formalizar a matrícula tanto nos cursos do anexo 1, coma nos cursos do anexo 2, deberemos facelo a través do enlace https://egap.xunta.gal/matricula.

Se precisades máis información a EGAP pon a disposición os seguintes teléfonos e correo electrónico de información: 981 54 62 57, 981 54 62 53 e 981 54 63 35 xestion.egap@xunta.gal

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/17-59Iho6GJ_fdqJPQ3llKWDdVkSIsKIL/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".