Saltar ao contido principal

EXECUCIÓN DE NOVAS SENTENZAS DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Dúas afiliadas da CIG, van a cobrar a Traxectoria Profesional dende Xaneiro de 2020. Grazas ás múltiples sentenzas da CIG, dúas funcionarias interinas de Xustiza acaban de ver recoñecido o grao I da traxectoria profesional dende xaneiro de 2020. 

Isto vai traducirse en:
- Preto de 3.000 euros brutos en atrasos.
- O recoñecemento do grao II dende xaneiro de 2022.
- As cotizacións á Seguridade Social e desemprego de todas as cantidades deixadas de percibir.
- A porta aberta ao grao III para xaneiro do 2025.

Tristemente vai a haber compañeir@s que non van a cobrar eses cartos por un deficiente asesoramento legal e non ter formulado no seu día as reclamacións pertinentes.

Nestes días pasados o TSXG ven de notificar a firmeza destas dúas sentenzas que recoñecían o dereito do persoal interino da Administración Autonómica ao cobro desta retribución, tal e como xa avisamos que ocorrería. A intención da Xunta sempre foi exclusivamente dilatoria. Non esquezamos que temos a varias compañeiras agardando polo pronunciamento do Tribunal Supremo. Cómpre agora que desista dos recursos contra as sentenzas da Administración de Xustiza que, como dixo a CIG, nunca debeu interpoñer, pero como as custas non as vai pagar quen tomou a decisión, senón que as pagaremos a cidadanía galega, non pasará nada. 

Todo isto foi grazas ás xestións da CIG que, primeiro instou as reclamacións administrativas e xudiciais en 2020 do grao I, e despois solicitou á D.X. que facilitara o recoñecemento do grao II a aquelas persoas pendentes de sentenza ou execución acudindo á base décimo primeira do Acordo que establece que o Grao II se solicitará no prazo dun mes dende a firmeza da sentenza. 

Ligazón folla informativa: 

https://drive.google.com/file/d/1w3ghEW7bWVMOQCD0HQ5GeKZj65dGvHbA/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".