Saltar ao contido principal

INDECENTE: O MINISTERIO CONVOCA MESA PARA NEGOCIAR A SUBA DOS/AS LETRADOS/AS

Despois de non convocar ao comité de folga, de convocalo para dicirlle que das pretensións solicitadas nada de nada, de impedir o acceso de comida aos representantes alí pechados, ata conseguir que abandonasen o peche sen ningunha oferta, agora o Ministerio convoca ás organizacións integrantes da mesa sectorial, este venres 16, para negociar a suba salarial do corpo de LLAX unicamente. Unha auténtica burla.
Como xa vos dixeramos, sen o trámite de negociación coas OOSS o acordo ao que o Ministerio chegou coas asociacións non é válido. É por iso, e porque se lle acaba o tempo a este equipo ministerial e estará a sufrir presións, polo que nos convoca en plena folga e durante a campaña das eleccións sindicais.
Por suposto, esta tarde de mércores a CIG xa remitiu un correo indicando que por solidariedade coas organizacións sindicais convocantes da folga na Administración de Xustiza, a Confederación Intersindical Galega non acudirá a esa mesa sectorial xa que non responde a materias obxecto de litixio.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1RERcw0iLX_5GKUMV3VQnC-o0jbd3yrDm/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".