Saltar ao contido principal

DATA DO SEGUNDO EXERCICIO DE MÉDIC@S FORENSES E PLANTILLA DE RESPOSTAS

Foron publicados na web do Ministerio de Xustiza sendos Acordos do Tribunal Cualificador Único das probas selectivas para acceso ao corpo de Médic@s Forenses.

Primeiro.- Acordo do 3 de xuño de 2023 do Tribunal Cualificador Único, polo que se publica a data de inicio do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para ingreso no Corpo Nacional de Médicos Forenses.

Data de inicio segundo exercicio: 5 de setembro de 2023.

O chamamento realizarase por Comunidades Autónomas, comezando pola letra "U", de acordo coa base 2.5 da Orde de convocatoria e seguindo a orde establecida na base 1.1. da devandita convocatoria. 

Máis adiante, concretarase hora e lugar a través desta páxina web.
 

Segundo.- Acordo do Tribunal Cualificador polo que se publica a plantilla de respostas correctas do primeiro exercicio, para ingreso no Corpo Nacional de Médicos Forenses, celebrado o pasado 3 de xuño de 2023.

As/os interesados dispoñen dun prazo de 5 días hábiles para presentar alegacións, a partir do día seguinte da súa publicación na esta páxina web, a través do correo electrónico procesos.selectivos@mjusticia.es ​

Ligazón plantilla de respostas:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Plantilla%20de%20respuestas%20correctas%20primer%20ejercicio%20M%C3%A9dicos%20Forenses.pdf


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".