Saltar ao contido principal

A CIG SOLICITA A NEGOCIACIÓN DO GRAO INICIAL DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

A CIG ven de presentar un escrito á DX solicitando a apertura do proceso de negociación do sistema ordinario para o acceso ao grao inicial da traxectoria para aque persoal funcionario que non reunía os requisitos de acceso ao sistema extraordinario no momento da convocatoria (por non ter a antigüidade, por estar nese momento destinad@ fóra de Galicia, etc...)
Consonte ao artigo 34.6 do TREBEP o proceso de negociación iniciarase no prazo máximo dun mes dende que a maioría dunha das partes lexitimadas de cada Mesa de Negociación o promova, non existindo causas legais ou pactadas que o impidan.
É por iso polo que, ademais de remitir o escrito á DX, enviamos ao resto das organizacións sindicais presentes na mesa (SPJ-USO, AXG-CUT, STAJ, UGT e CCOO) outro solicitándolles que se unan á nosa proposta para conformar unha maioría sindical suficiente que obrigue á Administración a convocar a mesa de negociación ante o flagrante incumprimento por parte da DX do pactado no acordo; en concreto, a base cuarta establece que no segundo semestre de 2022 tramitarase o sistema ordinario de encadramento para o acceso ao grao inicial daquel persoal funcionario que non cumpra os requisitos para acceder ao sistema extraordinario previsto neste acordo. Por outra banda, a base quinta recolle o prazo de seis meses dende a sinatura do mesmo para que a Administración propoña á comisión de seguimento o desenvolvemento do sistema ordinario de recoñecemento da traxectoria profesional para posteriormente ser negociado na Mesa Sectorial de Xustiza.
Pasados de sobra os prazos acordados, é polo que dende a CIG solicitamos a convocatoria no prazo máximo dun mes da Mesa Sectorial da Administración de Xustiza en Galiza para abordar este tema, para o que precisamos o acordo da maioría sindical, polo que instamos ao resto de forzas a unírense a esta petición.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/15aZLZODCs2WeCBWKxmWH90r8Rk-0DL92/view?usp=sharing 

Ligazón escrito presentado:

https://drive.google.com/file/d/1qMpajvUvkPHEvnGhlrUm_H22z15pZ7rY/view?usp=sharing 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".