Saltar ao contido principal

PUBLICADA A DATA DO EXAME DE INCIDENCIAS TRAMITACIÓN - OEP 2020-2021-2022

De conformidade co establecido na Base 7.3 da Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, pola que se anunciaba o proceso selectivo para ingreso no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre, convócase ás persoas aspirantes que se relacionan no Anexo I, por orde de sedes e dentro delas por orde alfabética, á realización do exame de incidencias a celebrar o día 23-6-2023, venres, sendo o chamamento ás 9,00 horas, nas direccións das sedes que se indican no Anexo II.

As persoas aspirantes dirixiranse ao centro onde se celebren os exames, identificándose previamente ao acceder ás mesmas, se fose necesario.

Deberán portar o seu DNI, así como bolígrafo negro ou azul.

Os familiares e acompañantes non poderán acceder ás instalacións onde se celebren os exames.

De non presentarse as persoas aspirantes o día e a hora fixados nas respectivas sedes, perderán o seu dereito para ser examinados.​ 

Ligazón listaxe opositores:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ANEXO%20I%20OPOSITORES%20EXAMEN%20INCIDENCIAS%20TR%20LIBRE.pdf 

Ligazón sedes de exame:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ANEXO%20II%20SEDES%20EXAMEN%20INCIDENCIAS%20TR%20LIBRE.PDF

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".