Saltar ao contido principal

PUBLICADAS NO DOG AS AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL 2023

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terán a condición de beneficiarios:

a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores.

b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %.

No caso de que a persoa beneficiaria teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha.


PRAZO DE SOLICITUDE: 15 días contados desde o día 14 de xuño.

As solicitudes deben completarse e asinarse a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

Ligazón DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230613/AnuncioO150-050623-0001_gl.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".