Saltar ao contido principal

DESINFORMACIÓNS MALINTENCIONADAS TRAS AS IRREGULARIDADES DETECTADAS NO VOTO POR CORREO EN PONTEVEDRA

A CIG, ante as desinformacións malintencionadas que unha central sindical está a verquir sobre a análise realizada na mesa coordinadora das eleccións sindicais de xustiza de Pontevedra, de determinadas solicitudes de voto por correo presentadas, expoñemos:

1) A mesa coordinadora e plenamente competente para analizar as peticións de voto por correo e decidir cales están correctamente presentadas e cales non.

2) Todas as centrais sindicais presentes nas xuntanzas coa mesa coordinadora poden analizar as peticións de voto por correo emitidas, por se tivera que formularse algunha reclamación ao respecto. Segundo a lei hai 24 horas para formular alegacións. En ningún caso se analizaron os requisitos da emisión do voto (cuestión imposible de realizar neste momento, posto que dita comprobación faise o día da votación) o que se analizou foi o cumprimento dos requisitos contemplados na lei para a petición do voto por correo realizada.

3) Os nomes de todas as/os solcitantes de peticións de voto por correo figuran nas actas correspondentes, tras verificar a mesa que cumpren os requisitos da súa presentación e a comprobación da listaxe de electores correspondente.

4) A CIG ceñiuse a seguir o procedemento legalmente establecido e presentou a súa reclamación cos indicios que atopou na análise de 46 peticións de voto por correo, correlativas, emitidas a través da mesma oficina de correos. A mesa decidiu, por unanimidade dos seus tres membros, anular esas 46 peticions e que, no seu caso, se voltaran a presentar de xeito correcto.

5) En ningún momento a CIG recabou e publicou ningún dato persoal das/os solicitantes de voto por correo. De feito, no escrito que obra neste mesmo blog (02/06/2026) xa non se incluiu a listaxe anexa onde se relacionaban os nomes das/os solicitantes e que soamente foron remitidos á mesa coordinadora na reclamación presentada, para fundamentar dita reclamación.

6) En todo caso unha central sindical recoñeceu na propia mesa coordinadora ser a que remitiu esas peticións de voto por correo, que foron anuldadas en base as sospeitas de que non se tiveran feito de acordo cos requisitos previstos no artigo 19 do RD 1846/1994, de 9 de setembro. 

A CIG coa súa reclamación só perseguiu a limpeza do proceso electoral e que as centrais sindicais que nos presentamos a estas eleccións teñamos a seguridade de que todos cumprimos coas normas que existen no ordenamento xurídico para o desenvolvemento destes procesos.

Ligazón artigo 19 RD 1846/1994:

https://drive.google.com/file/d/1BBhpdacltglmzksG-ZLhzM4RVcBUrHec/view?usp=sharing

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".