Como ampliación da nosa información do 18 de marzo, a Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicarnos o seguinte en relación coas tomas de posesión pendentes nestes intres das funcionarias/os do concurso de traslados que procedan de fora da Comunidade Autónoma Galega:
A programación dos cesamentos e dos prazos posesorios do
concurso xeral de Xestión, Tramitación e Auxilio (adxudicación de
destinos publicada no BOE do 18 de febreiro de 2020) viuse afectada polo
Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de
alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo
COVID-19. Na súa disposición adicional terceira sinalase:
Suspéndense términos e interrómpense os prazos para a tramitación dos
procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos
reanudarase no momento no que perda vixencia o presente real decreto ou,
no seu caso, as prórrogas do mesmo.
Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante
resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente
necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do
interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa
conformidade, ou cando o interesado manifeste a sua conformidade con
que non se suspenda o prazo.
Consideramos
que, en efecto, interrómpense os prazos mencionados no concurso
xeral, pero iso non impide que se algunha funcionaria/o quixera tomar
posesión antes de que finalizara o prazo inicialmente establecido o poida
facer. Neste caso a funcionaria/o deberá dirixir
unha comunicación a súa Xefatura Territorial de destino coa
documentación necesaria segundo a instrución publicada en data
11/02/2020 na intranet de Xustiza e na páxina web da Consellería por
mor do concurso de traslados.
Ligazón documentación:
Xefaturas territoriais:
A Coruña:
servizo.xustiza.coruna@xunta. gal
Lugo:
personal.presidencia.lugo@ xunta.gal
Ourense:
sxsal.xustiza.ourense@xunta. gal
Pontevedra:
servizoxustiza.vi@xunta.gal
Comentarios
Publicar un comentario