miércoles, 27 de octubre de 2010

Nota informativa conxunta mesa sectorial xustiza

Aquí vos deixamos a nota informativa da xuntanza mantida o 27 de outubro co Conselleiro de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza e a subseguinte mesa sectorial na que, entre outros destacamos os seguintes temas:
1) Estamos pendentes de fixar os novos cadros de persoal para os órganos de nova creación que entrarán en funcionamento a finais de decembro, así como de determinar o sistema de comisións de servizo para a súa dotación.
A petición da CIG existe a posibilidade de que as comisións de servizo se abran a todo o territorio do estado.
Ainda que todas as centrais sindicais mantivemos a mesma postura de que os cadros de persoal foran exactamente iguais aos existentes nas actualidade, pola CIG propúxose que, en todo caso, se non se chegaran a dotar os órganos cos mesmos cadros de persoal, as prazas se creasen nos servizos de apoio, servizos comúns de notificacións e decanatos, a fin de non perder ningunha creación.
2) Atrasos 4º punto : A administración recoñece o pagamento do Complemento Xeral de Posto (CXP) dende xaneiro do 2007 e o faran efectivo no primeiro trimestre do 2011 a aquelas/es que xa o reclamaron e aos que nestas datas lles chegara a correspondente notificación de aceptación dos seus pedimentos; o resto de compañeiras/os que non fixeran a reclamación deberán solicitalo expresamente por escrito.
Con respecto ao persoal destinado nos Servizos de Apoio dependentes dos Decanatos, Servizos Comúns de Notificacións e Secretarías de Paz, aos que se lles nega este punto, a DXX non cambia de postura e manifestan que o que nos queda é a vía contenciosa. Non obstante a CIG fixo chegar unha petición de retroactividade da Orde de 19 de xaneiro de 2010 (DOG 22/01/2010) a fin de que este problema non teña que chegar á xurisdicción contenciosa; solución que non foi mal vista polo administración.
3) Formación Minerva NOX : Pretenden darlle continuidade aos cursos que se están a impartir nestes intres.Tamén se incorporará aos mesmos o persoal das Audiencias Provinciais e do TSXG. 
4) A Orde que regulará os horarios e o calendario laboral tratarase no próximo grupo de traballo fixado para o vindeiro xoves 4 de novembro.
Ao día seguinte desta xuntanza a CIG solicitou unha mesa de negociación onde se fixen definitivamente os cadros de persoal dos órganos de nova creación, a posibilidade de creación de prazas nos servizos comúns, decanatos e servizos de apoio, se vexan as bases da convocatoria de comisións de servizo e se concreten as prazas a ofertar ao turno libre de xestión e a prazas que van quedar para o vindeiro concurso de traslados.
Así mesmo se solicitou unha xuntanza da mesa paritaria de interinos a fin de fixar criterios uniformes sobre determinadas cuestións e tamén para a reordenación que se vai levar a cabo con motivo da incorporación ás listas de reserva de persoas baremadas, actualmente fora das listas, a fin de completar o número de membros destas.

martes, 19 de octubre de 2010

RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO MEDICOS FORENSES

A Dirección Xeral publicará o vindeiro 26 de outubro a resolución pola que se resolve defintivamente o concurso de traslados entre Médicos Forenses convocado por Resolución de 6/5/2010.
Neste concurso de traslados todas as prazas convocadas foron declaradas desertas por non concurrir ningún peticionario polo que supoñemos que quedarán para a súa provisión polo sistema de oposición.

jueves, 7 de octubre de 2010

LISTAXES DEFINITIVAS CURSOS LINGUAXE XURÍDICA

Hoxe nos foron comunicadas as listaxes defintivas dos cursos de linguaxe xurídica galega que se impartirán para o persoal con destino na Comunidade Autónoma Galega e podédelas consultar nos enlaces aquí indicados.

Listaxes definitivas curso superior
Listaxes definitivas curso medio
Listaxes definitivas excluidos

martes, 5 de octubre de 2010

LISTAXES DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS

Por parte da administración acaban de remitírsenos as listaxes definitivas do concurso de traslados convocado por Resolución do 31-03-2010 e que poderedes consultar nos enlaces abaixo situados.
Por motivo de espazo non podemos publicar as listaxes de todo o territorio nacional polo que se tedes algunha consulta que queirades facer ao respecto podédesvos poñer en contacto cos nosos delegados nos teléfonos que figuran neste blog.
Os ceses produciranse para o corpo de Tramitación o 25 de outubro e para os corpos de Xestión e Auxilio o 2 de novembro sempre e cando a publicación da resolución se leve a cabo no BOE o vindeiro 22 de outubro.

Listaxes definitivas TRAMITACIÓN Galiza

CURSOS DE TELEFORMACION - XUSTIZA

O pasado 1 de outubro saiu publicada no DOG a resolución pola que se convocan cursos de TELEFORMACIÓN na administración de xustiza de Galiza.
As convocatorias das accións formativas e a apertura dos prazos de matrícula realizaranse a través da páxina web da EGAP http://egap.xunta.es e, en todo caso, o prazo de inscripción será de 10 dias naturais, rematando  o mesmo o vindeiro 12 de outubro.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á EGAP a través do enderezo de correo electrónico local.egap@xunta.es, o fax 981 54 63 39, ou ben a través do teléfono que se facilitará na páxina web da EGAP.
A EGAP publicará no taboleiro de anuncios da páxina web da EGAP http://egap.xunta.es a listaxe definitiva de admitidos nos cursos.