Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2008

PETICION DE MEDIOS PARA OS XULGADOS DE VIOLENCIA

O BNG solicítalle ao Goberno que destine os recursos necesarios para aplicar a Lei contra a Violencia de Xénero Santiago de Compostela, 30 Maio 08. A deputada do BNG no Parlamento español, Olalla Fernández Davila, anunciou hoxe a presentación de varias iniciativas polas que se lle demanda ao Goberno que destine os recursos financeiros e humanos necesarios para aplicar a Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero aprobada hai xa case 3 anos. Davila presentou estas iniciativas en rolda de prensa en Santiago de Compostela, xunto á secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, o deputado do BNG no Parlamento Galego, Iago Tabarés, e a responsábel de Acción Feminista da Executiva do BNG, Charo Fernández Velho. Creación de xulgados específicos contra a violencia de xénero en Galiza e no Estado Español Olalla Fernández Davila considerou “indubidábel que non se aportaron os recursos necesarios para que a lei se cumpra, e tampouco existe a debida coordinación cos corpos de

CURSOS DE GALEGO XURIDICO

A Dirección Xeral de Xustiza informa que proximamente, durante o mes de xuño, publicaranse as convocatorias dos cursos de Galego Xurídico, básico, medio e superior para traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza destinados en Galicia, os cursos realizaranse despois do mes de setembro. A CIG solicitou que os cursos se realicen en xornada de mañan. A Xunta tamén informa que estan negociando con Política Linguística a posibilidade de facer or cursos a traves de internet. Ta,én se informa que se esta traballando na confección no novos manuais para os cursos.

PROTESTA DA CIG POLA FORMA DE REMITIR AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DOS CERTIFICADOS DE RETENCION

A CIG ven de presentar ante a Dirección Xeral de Xustiza unha queixa polo modo en que se remiten aos traballadores e trabalaldoras da Admón de Xustiza os certificados anuais de retención para o imposto da Renda das Persoas Físicas. Segundo o artigo 95 da Ley General Tributaria, Ley 58/2003 de 17 de decembro, no seu punto 4 establece que: “Los retenedores y obligados a realizar ingresos a cuenta sólo podrán utilizar los datos, informes o antecedentes relativos a otros obligados tributarios para el correcto cumplimiento y efectiva aplicación de la obligación de realizar pagos a cuenta. Dichos datos deberán ser comunicados a la Administgración tributaria en los casos previstos en la normativa propia de cada tributo. Salvo lo dispuesto en el párrafo anterior, los referidos datos, informes o antecedentes tienen carácter reservado. Los retenedores y obligados a realizar ingresos a cuenta quedan sujetos al más estricto y completo sigilo respecto de ellos.” É por isto polo que solicitamos qu

BORADOR DE BOLSA DE INTERINOS

A Xunta remiteunos un borador de resolución sobre a bolsa de interinos para ser negociada, tódoslos interesados que desexedes plantexas opinións sobre este tema podédelo facer por correo electrónico dirixido ao noso Sindicato, as cales serán estudiadas. borrador bolsa interinos

ACCIÓN SOCIAL ANO 2008

No DOG de data 29 de maio publícase a convocatoria de Acción Social para os Traballadores e Traballadoras ao Servicio da Administración de Xustiza da Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será ata o vindeiro 31 de Xullo. A CIG e os demais sindicatos levantámonos da mesa de Acción Social ante a negativa de Xunta de incrementar os fondos destinados a este fin ata alcanzar o 1% da masa salarial, o destinado para este ano é o mesmo que en anos anteriores o 0´4%. As solicitudes poderán facerse a través do portal do funcionario público ou polo trámite ordinario, se queres ver as bases clicar en: bases publicadas no DOG

A PLATAFORMA SINDICAL RECLAMA A PRESENCIA DO CONSELLEIRO NA MESA SECTORIAL

Os cinco Sindicatos integrantes da Plataforma Unitaria, ante o incumplimento por parte da Directora Xeral de Xustiza ao non presentar a contraproposta retributiva, levantámosnos da mesa de traballo sobre interinos, e démoslle de prazo ata a vindeira mesa Sectorial fixada nun principio para o próximo día 29 para que presentara a contraoferta económica, e de non ser así debería estar presente na mesa sectorial o Sr. Conselleiro para explicarnos cal era a postura da Conselleria, os Sindicatos de forma conxunta presentámoslle ao Sr. Conselleiro un escrito nos termos antes mencionados. escrito remitido ao Conselleiro

CADROS DE PERSOAL DOS XULGADOS DE NOVA CREACION

En canto aos cadros de persoal prantexados pola Consellería para os Xulgados de Nova creación para A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ourense,a CIG formulou as seguintes alegacións: estes Xulgados deben levar aparellado, obrigatoriamente, a creación nos decanatos e nos SCNE daquelas prazas que orzamentariamente sexan equivalentes, alo menos, aos catro funcionarios do corpo de auxilio que deixan de formar parte dos cadros de persoal dos indicados órganos, entendendo que nestas poboacións, ao existir servizos comúns, cando se aumenta o número de órganos xudiciais alíviase a carga de traballo destes pero auméntase o volume de traballo daqueles. Esta situación de saturacion dos servizos comúns comprobase moi claramente en Ourense, onde o citado servizo atende a tódolos órdes xurisdiccionais cando en principio so debería atender, como moito, a primeira instancia e instrucción. A situación dos servizos comúns é moi dispar ao longo de toda a nosa xeografía, pois non hai ningunha n

PRAZAS DO REXISTRO CIVIL EXCLUSIVO DE VIGO

No BOE do 15 de maio publícase resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se prazas para ser cubertas en provisión temporal de postos de traballo no Rexistro Civil Exclusivo de Vigo, entre funcionarios e funcionarias do corpo ou escala de Tramitación con destino en Galicia, o Prazo para solicitudes é de 5 dias. resolucion do DOG

REGULACION DAS SUSTITUCIONS

No DOG do 15 de maio publícase a resolución pola que se regulan as sustitucións entre funcionarios e funcionarias ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Así como as Atribucións de Funcións no corpo de Auxilio Xudicial, os efectos económicos ten efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2008.- resolución do DOG

OS SINDICATOS DA PLATAFORMA LEVANTANSE DA MESA DE ACCION SOCIAL

MESA DE ACCIÓN SOCIAL 2008 O pasado día 9 de Maio tivo lugar a mesa de Acción Social do 2008, por parte da administración preséntase o Programa para o ano. O presuposto para este ano vese incrementado nun dous por cento (2%) con respecto ó do ano pasado, cantidade que no se achega á petición sindical . As Organizacións Sindicais de forma unánime nos levantamos da mesa de negociación , manifestándolle a Xunta a nosa intención de non participar no reparto dos programas. Esto ven motivada porque ano tras ano todas a Organizacións Sindicais pedimos que o presuposto se incremente ata o 1% da masa salarial (sería duplicar o presuposto existente neste momento) ademais dentro das reivindicacións da plataforma ven recollida a mesma petición. Por parte da plataforma, puxémoslle con condición, para participar na mesa de acción social que están convocadas, un compromiso firme para que nos vindeiros anos cheguemos ao 1% da masa salarial .

CURSOS DE GALEGO PARA OS FUNCIONARIOS E FUNCIONARIAS DESTINADAS FORA DE GALIZA

A Dirección Xeral de Xustiza anuncia a organización de CURSOS DE DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGO niveis MEDIO e SUPERIOR, baixo os seguintes requisitos: 1.- Destinatarios: Maxistrados, Xuíces, Fiscais, Secretarios Xudiciais, Médicos Forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial que na data deste anuncio estean prestando servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia. 2.- Período de celebración: Mes de Agosto con comezo o día 4 ás 10 horas. O horario de clases será intensivo e diario, e establecerase o día de comezo. 3.- Localidades de celebración: Cursos: Medio e Superior: A Coruña, Ourense e Vigo. No modelo de solicitude expresaranse as localidades nas que se desexe realizar o curso por orde de preferencia, a fin de que o/a solicitante teña opción para realizar o curso noutra localidade, se por non reunirse o nº mínimo de solicitudes (15) ou por algún outro motivo (como o exceso de solici

O MINISTERIO DOTA A SECRETARIA DE PAZ DE BARBADAS CON PERSOAL AO SERVICIO DA ADMINISTRACION DE XUSTIZA

Ministerio de Xustiza a proposta da Dirección Xeral de Xustiza crea unha praza de secretaría en funcións, cuberta por un funcionario/a do corpo de xestión, para o xulgado de paz de Barbadás, esta praza fora solicitada reiteradamente polo noso Sindicato a tamén polo grupo Parlamentar do BNG, xa que este municipio conta cunha poboación superior a 7.000 habitantes. A Dirección Xeral e ata que a praza poida ser cuberta en concurso de traslado, procedera a dotala por medio dunha provisión temporal con publicidade no Diario Oficial de Galicia, co obxectivo de que poidan optar a mesma funcionarios/as titulares do corpo de xestión procesual e administrativa destinados nesta Comunidade autónoma, atendendo aos criterios de antigüidade dos funcionarios que se presenten e aos cursos de lingua galega que estes teñan realizado. A Xunta prevé que no prazo máximo dun mes estea xa cuberta esta praza.

PRAZAS OFERTADAS PARA OS APROBADOS/AS NO CORPO DE AUXILIO

Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza.— No BOE de data 12 de maio de 2008, publicase a relación de prazas correspondentes aos diferentes ámbitos, que se ofertan os aspirantes aprobados nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Auxilio xudicial da Administración de Xustiza, turno libre, convocadas por Orden JUS/2975/2006, de 15 de septembro resolucion publicada no BOE Con data 13 de maio, publicase na paxina do Ministerio de Xustiza, a Orden pola que se nomean funcionarios e funcionarias en prácticas os aspirantes aprobados nas probas selectivas e convócaselles para o Curso Selectivo Teórico-Práctico nos lugares e datas indicadas na referida orden. O Inicio do Curso Selectivo é o 19 de mayo de 2008. orden e listado de nomeamento de funcionarios en praticas

A CIG-XUSTIZA PRESENTA ALEGACIONS A RPT DE PRESIDENCIA

CIG-SECTOR DE XUSTIZA presenta escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza, facemos as seguintes alegacións ao borrador de RPT de persoal funcionario da Presidencia: En primeiro lugar dicir que o posto de nova creación coa denominación seguinte: PR C99 10 003 15001 001 Secretario da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, debe ser desempeñado exclusivamente por funcionarios da Administración de Xustiza, debendo ser eliminado desta Relación de Postos de traballo e incluída na correspondente da admón. de Xustiza de Galiza, ao estar desempeñado de sempre por ditos funcionarios, e ademáis ser un posto de traballo a negociar na RPT da admón. de Xustiza. Nas relacións de postos de traballo que a seguir se nomean, están abertas só a Secretarios Xudiciais, grupo A, xa que son para grupos A e B, deberán estar ofertadas tamén ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da admón. de Xustiza.: Dirección Xeral: PR C08 00 000 15770 030 Servizo de Programas e Estudos A-B PR C08 00 002 1

CONCURSO DE TRASLADOS, 2ª CORRECCIÓN DE ERROS

NOVA CORRECCION DE ERROS NO CONCURSO DE TRASLADO Dende a Xunta de Galicia comunicasenos que o Ministerio de Xustiza vai facer unha segunda corrección de erros eliminando determinadas prazas, SEN conceder novo prazo de presentación de instancias. Galicia NON vai facer ninguna corrección de erros. A data prevista de publicación no BOE da segunda corrección de erros é o 22 de maio.

ACCESO DOS XULGADOS AO REXISTRO DE CONDUCTORES DA DIRECCION XERAL DE TRAFICO

ACCESO DESDE XULGADOS Ao REXISTRO DE CONDUTORES DA DXT A Dirección Xeral de Tráfico, en colaboración co Punto Neutro do CGPJ e a Fiscalía de Seguridade Viaria, desenvolveu un sistema informático (servizo web), que permite o acceso, desde calquera Xulgado, ao Rexistro de Condutores e Infractores da Dirección Xeral de Tráfico. A conexión permite coñecer ao funcionario xudicial, en tempo real, a seguinte información: Se unha persoa non está en posesión de ningunha licenza ou permiso de condución segundo o Rexistro da DXT. Se unha persoa está en posesión de licenza ou permiso de condución pero ten prohibida a condución por estar cumprindo condena que implica a privación do dereito a conducir. Os supostos máis característicos que se mostran son: condena por delito contra a seguridade viaria, declaración de perda de vixencia por esgotamento do saldo de puntos, suspensión da autorización por infracción administrativa). Se unha persoa está en posesión de licenza ou permiso de condución e non c

Curso AVANZADO DE MICROSOFT WORD

O vindeiro día 7 de maio está previsto o comezo do curso para funcionarios e funcionarias ao servizo da Administración de xustiza "MICROSOFT AVANZADO". O Curso e dos programados a traves da EGAP. Documentos asociados que podedes consultas: Listados de admitidos no Curso Normas para o desenrrolo do curso requisitos para o acceso ao curso