Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2017

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Public ou se na intranet xudicial o día 25 / 01/2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 26 , 27 e 30 de xanei ro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNd3FQMWpFTzJGNVU/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

CREACIÓN, TRANSFORMACIÓN, COMARCALIZACIÓN E SUPRESIÓN DE ÓRGANOS XUDICIAIS - CAL DESTAS CATRO COUSAS FARA MELLOR O CXPX?

Según publica hoxe CONFILEGAL, o Consello Xeral do Poder Xudical esta a ultimar un plan de creación, transformación, comarcalización e supresión de órganos xudiciais en todo o territorio do estado. Coma sempre, os últimos en saber do seu contido seremos os traballadores da administracion de xustiza. Ligazón nova: https://confilegal.com/20170125-cgpj-prepara-plan/

CORRECCIÓN DE ERROS ADXUDICACIÓN SUBSTITUCIÓNS

No día de hoxe publicouse na INTRANET a corrección de erros das últimas adxudicacións das prazas ofertadas en substitución, concretándose a dita modificación na adxudicación realizada para o Xulgado do Social nº 2 de Pontevedra. Ligazón corrección de erros: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNR0lOTzRzbHdfZFE/view?usp=sharing

PRÓRROGA DA BOLSA DO PERSOAL INTERINO

No DOG de onte, 19 de xaneiro, saiu publicada a ORDE do 17 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a orde sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, basicamente para poder prorrogar as vixentes bolsas durante o periodo necesario para a negociación e publicación dunha nova regulamentación e convocatoria e, as í mesmo, se adaptan os nomeamentos á realidade actual dos distintos centros de destino, dependendo de si e xisten ou non RPT's. Ligazón Orde de modificación: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170119/AnuncioG0244-170117-0001_gl.pdf

MESA TECNICA INTERINOS - PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS

O pasado día 17 tivo lugar unha mesa para analizar o proxecto de nova orde de persoal interino que foi facilitada pola DX, sendo a CIG a única central sindical que achegou alegacións por escrito á maioría do articulado. En liñas xerais, optamos por un proxecto de bolsa totalmente distinto,que faga que esta sexa moito máis dinámica, cunha utilización máis axeitada da OPAX, con actualizacións periódicas de méritos e que facilite aos candidatos a elección de prazas en distintos corpos e localidades. Tamén solicitamos que o coñecemento do idioma galego fora un requisito, sobre todo tendo en conta que co proxecto presentado as persoas de toda España que teñan aprobados todos os exercicios das oposicións entrarán de xeito directo nas bolsas. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNaTRQUVZvQU9SLTQ/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DAS ÚLTIMAS PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de ho xe, 20 de xaneiro, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Ligazón adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWXRpTEhGYjFYdmc/view?usp=sharing

MESA TÉCNICA COA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA

Nesta mesa técnica, celebrada o pasado xoves 12 de xaneiro, pouco ou case nada se chegou a concretar na mesma, xa que o tema principal de dita convocatoria, a nova bolsa de persoal interino, quedou simplemente na exposición xeral do proxecto presentado. Como pronunciamento inicial solicitouse da Dirección Xeral que indicara cal era a súa postura en relación coas prolongacións de xornada retiradas (sobre todo en relación cos decanatos onde existen só dous órganos) e tamén en  canto á bolsa de horas establecidas no calendario laboral. 1) Bolsa de horas.- Seguirá tal e como esta no calendario de 2014 en tanto en canto non recuperemos os 9 días de asuntos particulares. A CIG foi a única central sindical que solicitou que se aprobara para este ano 2017 un calendario laboral, pois con este imos levar tres anos sen que se publique o mesmo. 2)  Prolongacións de xornada.- A Dirección Xeral indicou que a decisión de retirar as prolongacións de xornada obedecía ao feito de poñer ao dia

MESA SECTORIAL MADRID - 12/01/2017

Onte, xoves 12 de xaneiro, participamos en dúas reunións no Ministerio de Xustiza. A primeira, xunto cos compañeiros vascos de ELA, a efectos da presentación formal do novo Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza. A segunda, para negociación das RPTS de Letrados da Administración de Xustiza doutros ámbitos territoriais, a convocatoria de oposicións para o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza e para o Corpo de Médicos Forenses. Sindicalmente indicóuselle ao ministerio a necesidade de abordar a negociación e solución doutras cuestións pendentes; como a acumulación de OPES, a convocatoria de procesos específicos de promoción interna, abono o 100% das retribucións nas substitucións, cotizacións á seguridade social anteriores ao ano 1990, negociación definitiva de como vai quedar a situación dos rexistros civís, informatización xudicial, etc. Cuestións sobre as que non se ofrecía resposta algunha e respecto das que dende a CIG requirimos o inicio de forma urxe

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Public ou se na intranet xudicial o día 11 / 11/2016 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 1 2 , 13 e 16 de xanei ro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNaE5EZlFITjZOeDg/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

DÚBIDAS SOBRE A CREACIÓN DO NOVO XULGADO DE FAMILIA DE VIGO

Habéndose publicado a finais do ano pasado determinadas novas sobre a creación en Vigo dun novo xulgado de familia, a esta central sindical lle xurdiron determinadas dúbidas sobre a implantacion de dito órgano na nosa cidade, a súa ubicación e, sobre todo, o relacionado coa encomenda dos casos activos e con sinalamentos pendentes, no actual xulgado de reforzo de familia, polo que lle pedimos explicacións á Dirección Xeral de Xustiza, a fin de que nos deran unha contestación sobre ditas cuestións. Ligazón escrito presentado á Dirección Xeral de Xustiza: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNT19YZDdhQTF1X0k/view?usp=sharing

CONVOCATORIA BOLSA DE INTERINOS CASTELA - A MANCHA

No día de onte publiouse na páxina web do Ministerio de Xustiza a Resolución da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Castela-A Mancha, de 10 de xaneiro de 2017, pola que se convocan as bolsas de traballo do personal interino dos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Judicial nese territorio. O prazo para presentación de instancias será do 16 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017.  Ligazón orde de convocatoria: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428175373?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3D01_Convocatoria_Bolsa_2017.pdf