Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2011

CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS 2011

   Por fin, tal e como indicara o Ministerio, no BOE do 20 de maio de 2011 sairon publicadas as respectivas resolucións de convocatoria do concurso de traslados para o persoal dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio. Definitivamente en Galiza conqueriuse que sairan a concurso as prazas das Fiscalías de Area de Ferrol, Compostela e Vigo que levaban longo tempo ocupadas con persoal de reforzo.    O prazo de presentación de instancias segundo a Xunta de Galicia finalizará o 30 de maio de 2011 .     Tal e como a CIG tiña SOLICITADO, en Galiza desta vez a instancia poderá cubrirse de xeito informático a través do portal do AIX a fin de evitar erros na transcripción de códigos. A instancia xerada de forma definitiva tera que ser remitida igualmente en formato papel á Dirección Xeral de Xustiza. Podes cubrir a túa instancia informática dende o seguinte enlace e coas instruccións que se indican no outro enlace: https://www.xunta.es:444/sxpa/AIX/ Guia para cumprimentar INFORMATIC

NOMEAMENTO E ADXUDICACIÓN DESTINOS - XESTION LIBRE - OP2008

   Tal e como anunciaramos fai uns días, no BOE do 19-5-2011 sairon publicadas as respectivas Ordes de nomeamento e adxudicación de destinos dos opositores da quenda libre do corpo de Xestión da oposición convocada no ano 2008. Orde nomeamento funcionarios carreira Adxudicación destinos Galiza Adxudicación destinos Ministerio Adxudicación destinos Pais Vasco Adxudicación destinos Cataluña Adxudicación destinos Andalucía Adxudicación destinos Valencia Adxudicación destinos Canarias Adxudicación destinos Navarra Adxudicación destinos Madrid

LISTAXES SECRETARIOS SUBSTITUTOS GALIZA - 2011

   No BOE do 19-5-2011 saiu publicada a Resolución de 6 de maio de 2011, da Secretaría do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se aproban as listaxes definitivas de seleccionados para constituir as bolsas de traballo de Secretarios Xudiciais substitutos nas provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra Resolución 19-5-2011 Secretarios Substitutos.

AXUDAS CONCILIACION VIDA FAMILIAR POR REDUCIÓN XORNADA

    No DOG do 18 de maio saiu publicada a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.     Poderán beneficiarse de ditas axudas os homes que, entre o 1 de setembro de 2010 e o 30 de abril de 2011, se atopasen en situación de redución de xornada de traballo para o coidado dunha filla/o menor de 3 anos, tanto o sexa esta/e por nacemento, adopción ou acollemento. A idade da filla/o poderase ampliar ata os 12 anos no caso de discapacidade da/o menor cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%. Tamén poderán beneficiarse destas axudas as familias monoparentais. Resolución 5-5-2011 (DOG 18-5--2011)

OUTORGAMENTO DE DESTINOS CORPO DE AUXILIO - OP2010

   O Ministerio acaba de traladarnos as Ordes de nomeamento como funcionarios de carreira e de adxudicación de  destinos dos funcionarios do Corpo de Auxilio Xudicial que aprobaron as probas selectivas convocadas no ano 2010. A data prevista de publicación no BOE de ditas Ordes é do 23-5-2011 e 24-5-2011. Orde de nomeamento funcionarios de carreira Orde de adxudicación - territorio Ministerio. Orde de Adxudicación - Cataluña. Orde de Adxudicación - Valencia Orde de Adxudicación - Canarias Orde de Adxudicacion - Navarra Orde de Adxudicación - Madrid Orde de Adxudicación - Cantabria. Orde de Adxudicación - Pais Vasco . Orde de Adxudicación - Andalucía.

SELECCION DE TITORES TRAMITACION - QUENDA LIBRE - OP2010

   O Ministerio de Xustiza acaba de informarnos de que antes do vindeiro 12 DE MAIO precisa seleccionar varios titores para dirixir as prácticas tuteladas en órganos xudiciais dentro dos procesos selectivos para o ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa (quenda de promoción interna).     As ditas prácticas realizaranse seguindo as instrucións e plans ditados polo Centro de Estudos Xurídicos-Ministerio de Xustiza, para o cal os interesados en conformar a bolsa de titores de prácticas tuteladas para o persoal anteriormente sinalado poden consultar nos enlaces de abaixo tanto a convocatoria como a solicitude de participación. As prácticas levaranse a cabo do 13 de xuño ao 1 de xullo. Documento Convocatoria Solicitude

CURSOS DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA

    Para os próximos meses de AGOSTO e SETEMBRO  anúnciase a organización dos cursos de linguaxe xurídica galega nivel medio, na modalidade de TELEFORMACIÓN e nivel superior, na modalidade PRESENCIAL, nas cidades da Coruña e Vigo,  dirixidos ao personal da Administración de Xustiza, que está destinado fora da nosa Comunidade Autónoma.  Requisitos:    Para acceder ao curso de nivel medio: ter aprobados ou convalidados o curso de nivel básico, o curso de   perfeccionamento. ou o curso Celga 4.     Para acceder ao curso de nivel superior: ter aprobado o curso de nivel medio. Prazo:    O prazo de inscripción nos cursos finaliza o vindeiro 6 DE XUÑO DE 2011 .    Abaixo  tedes o enlace para poder comprobar todos os demais requisitos da convocatoria deste ano e a páxina onde teredes que inscribirvos.   Resolución convocatoria. Paxina EGAP presentación instancia.