A REFORMA DO ARTIGO 521 DA LOPX. Na mesa sectorial do pasado día 27 de outubro celebrada en Madrid, o Ministerio presentou aos Sindicatos integrantes da mesma, entre os que estaba a CIG, unha proposta de acordo no que se comprometía a levar ao Consello de Ministros unha modificación do Regulamento de Ingreso, concretamente do Art. 39, e engadirlle un 39 bis, coa fin de rectificar a agresión aos dereitos de tódolos funcionarios e funcionarias ao Servizo da Administración de Xustiza que, como consecuencia da brutal reforma do Art. 521 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, fora aprobada o pasado 15 de outubro cos votos a favor do PSOE e do PP. Por parte do Ministerio déusenos un prazo de 10 minutos, na propia mesa, para que estudaramos o texto do acordo e decidísemos se o aceptabamos ou non; ante esa situación, e dado que a CIG non coñecía o contido do documento e o calado do mesmo, xa lle manifestamos nese mesmo momento ao Ministerio que non o aceptabamos. A mesma postura mantiveron