Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March, 2016

AXUDAS POR REDUCIÓN DE XORNADA

No DOG de hoxe, xoves 31 de marzo, saen publicadas as axudas aos traballadores que se acolleron á redución da xornada de traballo, e da que tamén se poden beneficiar as traballadoras que formen parte dunha familia monoparental, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, durante polo menos 60 días, para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos (ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %).
Hai de prazo para solicitar as axudas desde o 1 de abril até o 1 de maio de 2016.

OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2016

Xestión Procesual, 391 (libres), das cales 254 corresponden ás Comunidades Autónomas.Tramitación Procesual, 797 (libres), das cales 571 corresponden ás Comunidades Autónomas.Auxilio Xudicial, 525 (libres), das cales 339 corresponden ás Comunidades Autónomas.Xestión Procesual, 115 (promoción interna), das cales 74 corresponden ás Comunidades AutónomasTramitación Procesual, 235 (promoción interna), das cales 167 corresponden ás Comunidades Autónomas.

CURSO SOBRE A UNIÓN EUROPEA

No BOE de hoxe sae publicada a Resolución do 15 de marzo de 2016, da Subsecretaría do MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E DE COOPERACIÓN, pola que se convoca o 117º Curso sobre a Unión Europea.

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 21/03/2016 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nas ligazóns que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 21, 22 e 23 DE MARZO.  Ligazón novas substitucións:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZHV4UmVhUVY3YU0/view?usp=sharing Ligazón substitucións adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNaDJHclh3ZjljMzA/view?usp=sharing

NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA CURSOS DE IDIOMAS

Coa fin de cubrir as prazas vacantes, a EGAP abre un novo prazo de presentación de solicitudes para varios cursos de idiomas convocados no DOG do 4 de marzo. Destinatarios: o persoal da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e o persoal da Administración de xustiza. O novo prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde as 8 horas do 18 de marzo ata as 14 horas do 26 de marzo de 2016 en http://egap.xunta.es/matricula
Para máis información: http://egap.xunta.es/fichanova/id/2321

DEVOLUCIÓN DO 50% RESTANTE DA PAGA EXTRA 2012

Nunha xuntanza que este mércores mantivemos co conselleiro de Facenda e o director xeral de Función Pública, anuncióusenos por enésima vez que este goberno vai reducir o nível de morosidade cos/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza devolvéndonos este ano o 50% da paga extra do 2012. Segundo as súas previsións devolverían o 25 % en abril e o outro 25% en setembro (o que nós interpretamos como un 25% antes das eleccións xerais, de habelas, e outro 25% antes das eleccións galegas). Para o 2017 mellor encomendarnos a algún santo, a ver se por aí...

CONCURSO LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA E LISTAXE DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS OPOSICIÓNS 2015

O Ministerio acaba de remitirnos as  listaxes provisionais da resolución do concurso de traslado de Letrados da Administración de Xustiza convocado pola Orde JUS/218/2016. Do mesmo xeito comunicou que, no Boletín Oficial do Estado, durante a vindeira semana, sairá publicada a resolución co listado provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo de Letrados da Administración de Xustiza convocado pola Orde JUS/2890/2015.
Anexo I: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNREVNOVF4eVBpanM/view?usp=sharing Anexo II: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNYm10dl9IUG5zRGc/view?usp=sharing

NAS OPOSICIÓNS DE TRAMITACIÓN EMPREGARASE WORD 2010

Acabamos de ter coñecemento que a versión Word, para as probas da oposición de Tramitación, será a que trae o paquete informatico de Office 2010.
O Ministerio de Xustiza publicará esta información, en breve, na sua páxina web.
http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/tramitacion-procesal7?param1=2

EN QUE SITUACIÓN QUEDAN E COMO REINGRESAN OS DE LIBRE DESIGNACIÓN

Segundo a interpretación que realiza a administración do Art. 507.2 da LOPX, as traballadoras/es de xustiza que opten por unha praza de libre designación quedarán na situación de servizo activo, sen reserva do posto de traballo que viñan desempeñando ata ese momento. O reingreso, tras o cese ou a renuncia a unha praza de libre designación, levarase a cabo segundo o previsto no Art. 62 do regulamento de provisión de postos, adscribíndose provisionalmente ao funcionario a unha praza do mesmo municipio que, segundo a interpretación da administración, é o municipio onde acaba de cesar no posto de libre designación. Así mesmo, gozarán de DEREITO PREFERENTE, no primeiro concurso de traslados que se convoque desde o seu cesamento, para ocupar praza na mesma localidade na que servían, e dicir, na localidade onde acaban de cesar ou renunciar á praza de libre designación.  Con todo isto queremos dicir que, se a algunha compañeira/o de xustiza, sen ningunha antigüidade, lle adxudicaran, por exempl…

CURSOS DE GALEGO XURÍDICO

O Diario Oficial de Galicia, na súa edición do 3 de marzo de 2016, publicou a Resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 25 de febreiro de 2016, pola que se convoca curso superior de linguaxe xurídica galega para o persoal que presta servizos dentro e fóra da Galiza. As solicitudes deberán realizarse a través do formulario de matrícula telemática do web da EGAP,no prazo de 10 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG. 
Ligazón para persoal que traballa fóra de Galicia:  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160303/AnuncioO150-260216-0002_gl.html Ligazón para persoal que traballa dentro de Galicia:  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160303/AnuncioO150-260216-0001_gl.html

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 02/03/2016 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nas ligazóns que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 2, 3 e 4 DE MARZO.  Ligazón novas substitucións:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNUUVFdVJkTVR2UjA/view?usp=sharing Ligazón substitucións adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVmY2RmZWeUtvMW8/view?usp=sharing

PRORROGA DO ACORDO DE ATENCIÓN SANITARIA EN ZONAS RURAIS

No BOE número 51, do luns 29 de febreiro de 2016, publícase a Resolución do 17 de febreiro de 2016, da Subsecretaría, pola que se publica o Acordo de prórroga e actualización para o ano 2016 do Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, o Instituto Social das Forzas Armadas e a Mutualidade Xeral Xudicial, para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios aos mutualistas e demais beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada coas ditas mutualidades.

XUNTANZA CO ALCALDE DE VIGO SOBRE A CIDADE DA XUSTIZA

No día de onte, a xunta de persoal foi convocada polo alcalde de Vigo, Sr. Abel Caballero, para coñecer o noso parecer sobre a idea exposta fai dúas semanas polo Conselleiro de Xustiza, en relación co traslado das sedes xudiciais ao edificio do antigo “Hospital Xeral de Vigo” unha vez este fora rehabilitado.  Pola nosa banda se lle trasmitiu ao alcade as nosas inquedanzas e incertezas sobre a nova idea prantexada, que supón un xiro de 180 graos na configuración da cidade da xustiza. Entre outras cousas lle indicamos que non existía (ou cando menos nós non os tiñamos no noso poder) os informes técnicos que avalaran e auditaran o estado do edificio (que ten unha antiguidade de 60 anos) e que polo tanto, falar dun proxecto de rehabilitación da embergadura do que se está a prantexar, sen este tipo de informes, resulta moi complicado; lle indicamos tamén que o proxecto da rúa Lalín xa estaba moi consolidado ainda que levaba varios anos de retraso e agora incluir un novo proxecto para outra…

ENTRADA EN FUNCIONAMENTO DA NOVA ESTRUTURA DA FISCALÍA

Segundo comunica a Dirección Xeral de Xustiza está previsto que as oficinas fiscais inicien a súa actividade, conforme a nova estrutura,  de acordo co seguinte calendario: - Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma: 7 de marzo de 2016. - Fiscalía Provincial da Coruña: 7 de marzo de 2016. - Fiscalía Provincial de Lugo: 1 de abril de 2016. - Fiscalía Provincial de Ourense: 1 de abril de 2016. - Fiscalía Provincial de Pontevedra: 1 de abril de 2016. - Fiscalía de Área de Santiago de Compostela: 1 de abril de 2016. - Fiscalía de Área de Ferrol: 1 de abril de 2016. - Fiscalía de Área de Vigo: 1 de abril de 2016. - Seccións da Fiscalía de Monforte de Lemos, Mondoñedo, Verín e Cambados: 1 de abril de 2016.