Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

EXTREMADURA-LISTAXE DEFINITIVA INTERINOS

Hoxe publicouse a Resolución do Xerente Territorial do Ministerio de Xustiza de Extremadura de 4 de decembro de 2019 pola que se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos á Bolsa de Emprego Interino de Extremadura 2018, para os corpos de Xestión Procesual e Admtva., Tramitación Procesual e Admtva. e Auxilio Xudicial. Segundo a citada resolución a bolsa queda constituída e entra en vigor ao día seguinte ao de publicación no portal do Ministerio.
Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/bolsas-interinos/bolsa-interinos-extremadura4

NOVO EDIFICIO XUDICIAL DE TUI

Xirada unha visita xeral no día de hoxe ao novo edificio de xulgados de Tui, sen prexuizo doutras eivas que se poideran comunicar, detectáronse as seguintes que a CIG puxo xa en coñecemento da adminsitración autonómica para a súa subsanación.
1) Ausencia dunha oficina de rexistro e reparto, salvo que a mesma sexa a que aparece rotulada como información, ou que dita dependencia se ubique no denominado como UVEX  e os gardas civís/vixiantes pasen para a dependencia de información
2) Rotulación erronea do Rexistro Civil (Pon so REXISTRO)
3) Ningún mostrador, incluído o do Rexistro Civil, adaptado a discapacitados en cadeiras de rodas
4) Entrada no Rexistro Civil non adaptada a discapacitados.
5) Ausencia dunha quenda electrónica de chamamentos no rexistro civil e na oficina de atención á vítima.
6) Ausencia dunha sala de agarda para vitimas de violencia de xenero
7) Escalón das salas de audiencia non adaptadas a entrada/saída de avogados/procuradores en cadeiras de rodas.
8) Ausencia de …

COMISIÓNS DE SERVIZO - TERRITORIO MINISTERIO

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse a oferta en comisión de servizos 1/2019 dos postos de traballo relacionados cos órganos xudiciais de nova creación  e de próxima aprobación dos cadros de persoal, cuxa entrada en funcionamento está prevista para o 31 de decembro de 2019.
Ligazón convocatoria comisións de servizo Ministerio: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429704215?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DCOMISION_DE_SERVICIOS_1_2019.pdf
As solicitudes deberán presentarse, no prazo de cinco días hábiles (ata o 4 de decembro) seguientes á publicación da presente convocatoria no sitio web do Ministerio de Xustiza, co modelo establecido na convocatoria.
Ligazón solicitude Anexo II: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429704216?blobheader=application%2Fmsword&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DANEXO_II_COMISION_SER…

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o 27/11/2019, as 14:20:54, o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 28, 29 de novembro e 2 de decembro. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución:
https://drive.google.com/file/d/10ZsEn-oxd9afqAxM2dEQZVaWwJN2ZmPh/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

EGAP-CURSO MONOGRÁFICO: "VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA"

Curso monográfico "Violencia de xénero na adolescencia" A Egap convoca o curso monográfico "Violencia de xénero na adolescencia", dirixido ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes instrumentais, da Administración de xustiza e das universidades do sistema universitario de Galicia.  Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191126/AnuncioO150-181119-0001_gl.pdf

CONCURSO DE TRASLADOS - RESOLUCIÓN DOS PROBLEMAS DETECTADOS PARA CONSULTAR O ANEXO III

Despois de atoparse problemas informáticos na páxina web do Ministerio de Xustiza, xa está dispoñible o servizo de consulta dos Anexos III, polo que volve a contar o prazo de dez días hábiles, de presentación de alegacións, desde mañán, día 27 de novembro.
Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-ordinario2

MESA PARITARIA DE PERSOAL INTERINO 25-11-2019

COMISIÓNS DE SERVIZO - PRAZAS DE NOVA CREACIÓN GALIZA

O 25/11/2019 as 10:22:44 foi publicada na intranet a Resolución do 7 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión, en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo en prazas de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábilies do 26/11/2019 ao 10/12/2019 inclusive. Ligazón Resolución: https://cpapx.xunta.gal/c/document_library/get_file?file_path=/portal-cpapx/D.X.Xustiza/resolucion-7-11-2019-DXX.pdf

RESOLUCIÓN AXUDAS CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL

No DOG do 20/11/2019 foi publicada a RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de axudas previstas na Resolución do 3 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191120/AnuncioG0244-141119-0006_gl.html

CURSO EGAP - OS SISTEMAS DE INTEGRIDADE INSTITUCIONAL NAS AAPP

Convocatoria do curso monográfico *Os sistemas de integridade institucional nas administracións públicas.
*Persoas destinatarias:*
Este curso monográfico está dirixido ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e *persoas interesadas en xeral*.
*Desenvolvemento:*
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: luns e martes, 2 e 3 de decembro de 2019.
Horario: día 2, das 11.00 ás 13.00 horas e das 17.00 ás 20.00 horas; día 3, das 9.00 ás 13.00 horas.
Duración: 9 horas lectivas.
Número de prazas: limitado pola capacidade do local.
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 27 de nov…

MODIFICACIÓN NA REGULACIÓN DAS SUBSTITUCIÓNS

Grazas á contundencia das alegacións presentadas pola CIG na mesa sectorial do 24 de outubro, amparadas na lexislación vixente (LOPX e Regulamento de Ingreso, Provisión de Postos de Traballo e Promoción do Persoal Funcionario ó Servizo da Administración de Xustiza) a DXX ven de remitir unha proposta de modificación da Resolución do 7 de maio de 2008, pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ó servizo da Administración de Xustizaeliminando dunha vez por todas a grave discriminación, que por enfermar quince días, afectaba ás persoas en substitución.

A outra cara da moeda é que a administración quere penalizar a aquelas persoas que, unha vez adxudicada unha substitución, renuncien a ela.

A proposta de redacción do novo artigo 7 da Resolución sería:

Artigo 7. Duración das substitucións e cesamento do substituto.
1. A substitución concederase por un período mínimo de seis meses, sen prexuízo do cesamento do substitutofinalizarácando se incorpore o/a titular do posto ou remate a…

NOVA VERSIÓN DA APLICACIÓN MINERVA

Nas vindeiras semanas procederase á actualización da aplicación Minerva á versión 6.0.2.1 nos distintos partidos xudiciais de Galicia. As principais novidades que presenta a versión que se vai despregar son as seguintes: Engádese unha nova funcionalidade de solicitude de minuta ao xuíz/maxistrado ou ao Letrado da Administración de Xustiza. A solicitude realizarase sobre un procedemento, un acontecemento ou sobre un escrito.Tarefas Pendentes: créase unha nova opción para realizar consultas de bandexa de mensaxería. Inclúese a opción de engadir as clases de rexistros definidas polo CXPX no rexistro dos procedementos. Engádense a posibilidade de decretar o segredo das actuacións nas xurisdicións civil, social e contencioso-adminstrativa. Permítese a especificación dunha o varias materias/delitos a un asunto. Engádese unha nova opción denominada "Anulación de asuntos" para a anulación dos procedementos rexistrados no propio órgano. Mellórase a devolución de asuntos (antiga ba…

CONCURSO DE TRASLADOS XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO- RESOLUCIÓN PROVISIONAL

LETRADOS ADMÓN. XUSTIZA - QUENDA LIBRE E PROMOCIÓN INTERNA - ACORDOS NOTA MÍNIMA E FASE DE CONCURSO

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o seguinte acordo do Tribunal nº Un de acceso por promoción interna ao corpo de LETRADOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.
Acordo polo que se publica a relación de aspirantes que teñen superada a fase de oposición de promoción interna, polo que se abre o prazo para presentación dos méritos a valorar na fase de concurso.
Ligazóns: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429685146?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_19_de_noviembre._Aprobados_oposici%C3%B3n.pdf
https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429685147?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAnexo_del_Acuerdo_de_19_de_noviembre.pdf
Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o seguinte acordo do Tribunal nº Un de acceso por promoción interna ao corpo de LETRADOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA…

ACCIÓN SOCIAL - PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

O 21/11/19 está previsto que se publique no DOG a Resolución do 11 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2019 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. A notificación as interesadas/os farase a través da OPAX.

Ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191121/AnuncioG0244-141119-0002_gl.pdf

CORPO DE TRAMITACIÓN - LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS - QUENDA LIBRE -OEP 2017-2018

Saíu publicada no BOE de hoxe a Orde JUS/1124/2019, do 12 de novembro, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, ao corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, convocado pola Orde JUS/903/2019, do 9 de agosto.
Ligazón Orde de publicación: https://www.boe.es/boe/dias/2019/11/16/pdfs/BOE-A-2019-16505.pdf
Ligazón listaxe provisional admitidos e excluídos: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429677256?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DProvisionales_admitidos_y_excluidos_tamitacion_libre.pdf

CONCURSO POSTO DE LIBRE DESIGNACIÓN TRAMITACIÓN - IMELGA GALIZA - SEDE COMPOSTELA

No DOG e BOE do día 15 de novembro saíu publicada a Resolución do 18 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca, para a provisión polo sistema de libre designación, un posto de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia. As interesadas/os deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, cubertas cos datos que se piden nel, no prazo de dez días hábiles (ata o 29 de novembro), contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Ligazóns: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191115/AnuncioG0244-241019-0004_gl.pdf https://www.boe.es/boe/dias/2019/11/15/pdfs/BOE-A-2019-16465.pdf

CORPO DE XESTIÓN - QUENDA LIBRE - LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Orde JUS/1117/2019, do 8 de novembro, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, acceso libre. 
Ligazón Orde:
https://www.boe.es/boe/dias/2019/11/14/pdfs/BOE-A-2019-16356.pdf
Ligazón relación definitiva de admitidos e excluídos Xestión Libre:
https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/Relaci%C3%B3n%20definitiva%20de%20Admitidos%20y%20Excluidos%20Gesti%C3%B3n%20Libre.pdf
Ligazón listaxe admitidos cambios de sede:
https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/Listado%20admitidos%20cambios%20de%20sede.pdf

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 6 de novembro para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na INTRANET XUDICIAL e na seguinte ligazón: 
https://drive.google.com/file/d/1XeoLwIM5ci_c-xfzU9T9mFaICCGOzj7u/view?usp=sharing

MÉDICOS FORENSES - MODIFICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse hoxe a Orde de 24 de outubro pola que se rectifica a Orde JUS/1037/2019, que aprobaba as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo de acceso ao corpo de Médicos Forenses.
Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429672137?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DOrden_de_24_de_octubre_modificaci%C3%B3n_relaci%C3%B3n_de_admitidos_y_excluidos.pdf

LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - RECTIFICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse hoxe a Orde de 7 de novembro de 2019, que rectifica a Orde JUS/781/2019, de 19 de xullo, por la que se aproban as listaxes definitivas de admitidos e excluidos ao proceso selectivo para ingreso no Corpo de Letrados da Administración de Xustiza.Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429672202?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DOrden_de_7_de_noviembre._Modificaci%C3%B3n_listas_definitivas.pdf

CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE 2019-2020

Como en anos anteriores, a campaña de vacinación contra a gripe vai destinada aos grupos de risco que determinan as autoridades sanitarias competentes en cada Comunidade Autónoma e o INGESA en Ceuta e Melilla.
MUTUALISTAS E BENEFICIARIOS ADSCRITOS AOS SISTEMAS PÚBLICOS DE SAÚDE DAS CCAA OU AO INGESA Deberán dirixirse ao seu médico de atención primaria ou pediatra que lle informará si forma ou non parte dos grupos de risco e, no seu caso, do procedemento para a administración da vacina.
MUTUALISTAS E BENEFICIARIOS ADSCRITOS ÁS ENTIDADES MÉDICAS (EEMM) A campaña de vacinación frente á gripe está incluída no concerto de asistencia sanitaria polo que debe ser cuberta pola Entidad Médica respectiva polo que a/o mutualista debe de contactar con dita entidade médica para que xestione o procedemento para a administración da vacina. Os grupos de riscos son os mesmos que determinen as autoridades sanitarias competentes en cada Comunidade Autónoma e o INGESA.
Ligazón MUXEXU: https://www.mugeju.…

CURSO PREVENCIÓN DE RISCOS PARA VIGO, BAIONA, GONDOMAR E NIGRAN

No DOG de hoxe, publicouse a convocatoria dun CURSO de formación de carácter obrigatorio en PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS nas tarefas de tipo administrativo dirixido ao PERSOAL da Administración DE XUSTIZA que presta servizos nos edificios xudiciais do partido xudicial de BAIONA, GONDOMAR, NIGRÁN E VIGO.
O prazo de presentación de solicitudes será de 8 días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191108/AnuncioO150-301019-0001_gl.html

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o 06/11/2019 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 7, 8 e 11 de novembro. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución:
https://drive.google.com/file/d/1ScEx2HqDtaLKj8G3U7EMCmo7Zp1cf-0q/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Hoxe publicouse a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 28 de outubro para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial e na seguinte ligazón: 
https://drive.google.com/file/d/1QqP7gAiOM3A7T_lzzVX1QkGY6KuQaSu6/view?usp=sharing

AGASP II - CONGRESO INTERNACIONAL CRIMINALÍSTICA. INVESTIGACIÓN CRIMINAL FORENSE

No DOG do 6 novembro, saíu publicada a Resolución do 29 de outubro de 2019 pola que se convoca o II Congreso internacional de criminalística aplicada. A investigación criminal forense.
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191106/AnuncioO3C2-291019-0002_gl.pdf

PROVISIÓN TEMPORAL POR SUBSTITUCIÓN POSTO SINGULARIZADO FISCALÍA ÁREA VIGO

Convocouse na intranet, para a súa provisión de forma temporal, o posto singularizado de coordinador/a I da Fiscalía de Área de Vigo.
Prazo de presentación de solicitudes: 3 días hábiles (Ata o 11 de novembro).
Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1YvmHQr6hhYBHV2iKNBVDiBoI0as628Ya/view?usp=sharing

A CIG XUNTO CON EN MAREA E O BNG LEVA AS GARDAS DE 24H AO PARLAMENTO

Unha representación de CIG-Xustiza compareceu esta mañá en rolda de prensa, no Parlamento de Galiza, xunto cos portavoces en materia de xustiza do BNG e En Marea, Luís Bará e Luís Villares, para demandar que a Xunta de Galiza –que é a única das administracións que faltan por facelo- emita o informe necesario para a modificación do sistema de gardas dos partidos xudiciais de Vigo e A Coruña, os únicos con 8 xulgados de instrución do estado español que non teñen gardas de 24 horas. O CXPX xa acusou recibo do escrito presentado pola CIG e o uniu aos expedientes que neste momento se están a tramitar sobre as solicitudes formuladas polas xuntas de xuíces sectoriais respectivas, co beneplácito do TSXG. A CIG-Xustiza, xunto con En Marea e o BNG, van presentar, via rexistro, toda esta documentacion, para que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza a teña no seu poder para emitir o informe pertinente, e non poida aducir descoñecemento das mesmas, tal e c…

O CXPX REFORZA DETERMINADOS XULGADOS DE GALIZA

O CXPX reforza o xulgado de Primeira Instancia 6de Ourense, o número 14 de cláusulas abusivas de Vigo e a Sección 2ª da Audiencia de Pontevedra. 
Ligazón: http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Galicia/En-Portada/El-CGPJ-refuerza-los-juzgados-de-Primera-Instancia-de-Ourense--el-de-clausulas-abusivas-de-Vigo-y-la-Audiencia-de-Pontevedra

ASTURIAS - LISTAXES DEFINITIVAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO

No BOPA nº 211 de 31 de octubre de 2019, publicouse a Resolución de 25 de octubre de 2019, da Consellería de Presidencia, pola que se fai pública a puntuación definitiva dos aspirantes a integrar nas bolsas de traballo dos corpos de Médico/a Forense, Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza en Asturias.
Ligazón  Resolucion: https://sede.asturias.es/bopa/2019/10/31/2019-11394.pdf
Ligazón Auxilios: https://www.asturias.es/Asturias/descargas/PDF%20DE%20SITUACIONES/trabajar/bolsas_justicia/2019_10_28_auxilio_judicial_ocr_opt.pdf
Ligazón Tramitación: https://www.asturias.es/Asturias/descargas/PDF%20DE%20SITUACIONES/trabajar/bolsas_justicia/2019_10_28_tramitacion_procesal_y_administrativa_ocr_opt.pdf
Ligazón Xestión: https://www.asturias.es/Asturias/descargas/PDF%20DE%20SITUACIONES/trabajar/bolsas_justicia/2019_10_28_gestion_procesal_y_administrativa_ocr_opt.pdf
Ligazón Médicos Forenses: https://www.asturias.es/Astu…

ACCIÓN SOCIAL 2019 - LISTAXES DEFINITIVAS

Na reunión da Comisión de Acción Social que acabamos de manter hoxe a Dirección Xeral de Xustiza informounos do seguinte:
1- Das 15 solicitudes excluídas, unha non foi admitida por renuncia, as 14 restantes foron emendadas e admitidas.
2- A resolución da DXX que aproba as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social publicaranse en breve no DOG. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX.
3- A contía das axudas tendo en conta os grados de discapacidade son:
- Do 33% ao 64%: 127,95 €
- Do 65% ao 74%: 255,91 €
- Do 75% en adiante: 511,83 €
Pagamento: Antes de rematar 2019, aínda que cabe a posibilidade de que se faga no mes de novembro.

CURSOS DE PRIMEIROS AUXILIOS - OURENSE

No DOG de hoxe publicouse a RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2019 pola que se convocan en Ourense cursos de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación. O prazo de presentación de solicitudes será de oito días hábiles (do 4 ao 13 de novembro), contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Modalidade: presencial. Duración: 6 horas. Edicións: dúas. Lugar: Pazo de Xustiza de Ourense, praza Concepción Arenal, 1. Horario: das 8.30 ás 14.30 horas. Prazas: 30 por edición. Datas: Primei…

PROBAS AVALIACIÓN APLICACIÓNS INFORMÁTICAS XUSTIZA

No DOG de hoxe saíu publicada a Resolución do 21 de outubro de 2019 pola que se convocan as probas de avaliación das actividades de formación para o posto de traballo para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, relativas a determinadas aplicacións (Minerva, Sirax, Punto Neutro, etc.)
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles (ata o 14 de novembro), contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e deberán facerse a través da páxina da EGAP: https://egap.xunta.gal/
Ligazón Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191030/AnuncioO150-221019-0001_gl.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o luns 28/10/2019 o aviso de prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o quetaménpoderedes comprobar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de solicitudes será o 29, 30 e 31 de outubro. A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal
Fax: 981546222
Ligazónprazas en substitución:
https://drive.google.com/file/d/1ms11Vv94ENZGHrQJ1chKw2AcPTSO7v8B/view?usp=sharing

Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

PLANTILLAS DE RESPOSTAS LETRADOS E MÉDICOS FORENSES - QUENDA LIBRE