A Mutualidade Xeral Xudicial emitiu un comunicado, a través da súa páxina web, para indicar que, ante o próximo inicio da campaña de vacinación do COVID 19, faise necesaria a correcta identificación do colectivo de MUXEXU para a súa fácil localización por parte da administración sanitaria que resulte responsable da mencionada vacinación. Por iso, consideran imprescindible que se realice unha actualización urxente dos datos de mutualistas e beneficiarios adscritos a asistencia médica concertada con compañías privadas de seguro, en primeiro lugar, aproveitando tamén para actualizar os datos de contactos de todos os mutualistas e beneficiarios, en xeral. Así, nunha primeira fase, os mutualistas que non teñan actualizados os seus datos persoais ou os dos seus beneficiarios en MUXEXU, deben proceder de inmediato a modificar ou completar os mesmos, accedendo para iso á sede electrónica na seguinte ligazón: https://sedemugeju.gob.es/datos-personales Máis adiante, e no caso de result