Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

IMOS CARA ATRÁS COMO OS CANGREXOS - AUPA O MINISTERIO FISCAL

Por se fora pouco o atasco que ten a xustiza, agora ven o Ministerio Fiscal a engadir unha pedríña máis no camiño. Resulta que, por ser máis que o resto das partes dun procedemento penal, o Ministerio Fiscal solicita agora que se lle transcriban, en formato papel, todas as declaracións que se teñan producido na instrución dun caso, cando íntegramente ditas declaracións se atopan correctamente recollidas nun CD de gravación. Por se isto non fora pouco, o propio Fiscal Xeral do Estado ditou unha Instrución (a 3/2017) conminando a todas/os as/os fiscais a recorrer a denegación de dita petición por parte dos xulgados instrutores. Se xa todo isto parece de p é lícula dos irmans Marx, hai que engadir a todo este coctel que as audiencias provinciais están a resolver positivamente ditas peticións do ministerio público, dándolle a razón, mentras que, por outra banda, hai acordos dispares dos distintos Tribunais Superiores de Xustiza e mesmo do Consello Xeral do Poder Xudicial.  O último caso c

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de 28 /0 6 /2017 , a R esolución co a s adxudicacións das prazas ofertadas o 21 de xuñ o , para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia , o que tamén poderede s comprobar na s eguinte li gazón. Ligazón adxudicacións : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNeEU3RlkzN2ItZ1E/view?usp=sharing

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 28 / 0 6 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 29 , 30 de xuño e 3 de xull o . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNUo2bFhyLUp3dGM/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

BOLSA DE INTERINOS CASTELA-LEON - RECTIFICACIÓN ERROS

Na páxina web do Ministerio publicase a Resolución da Xerencia Territorial de Castela-León en Burgos, pola que se rectifican e publican de novo, as listaxes provisionais das Bolsas de traballo de interinos dos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial ao servizo da Administración de Xustiza, das provincias de Ávila, Burgos, Segovia e Soria, publicadas na anterior Resolución de 11 de maio de 2017. Ligazón Ministerio: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/bolsas-interinos/bolsa-interinos-2016-burgos1

OUTRA SENTENZA MAÍS QUE GAÑA A CIG EN DEFENSA DAS TRABALLADORAS/ES DE XUSTIZA

Recentemente, en Lugo, a CIG acaba de obter unha sentenza favorable sobre a discriminación que sufría unha funcionaria interina, polo feito de estar de baixa por enfermidade e ter máis de 18 meses traballados no momento no que se reincorporaba da súa situación de ILT. Correctamente interpretado pola Maxistrada de Lugo, e como sempre defendeu a CIG, queda meridianamente claro que, cando o persoal interino volte dunha baixa por enfermidade, ainda que xa teña cumprido os 18 meses establecidos na Orde de interinos, quen ten que cesar e  o outro persoal interino que se nomeou para cubrir dita circunstancia (baixa por ILT) SEN que se podan aplicar os criterios establecidos no artigo 21.1 para determinar que persoa debe cesar no caso de que houbera varios interinos no centro de traballo. Estos son feitos e o demais son contos .

ARDE COMPOSTELA CON ESTA OLA DE CALOR

O  Sector de Xustiza  da CIG vén de denunciar as insoportábeis condicións laborais nas que o persoal dos xulgados de Compostela ten que desenvolver o seu traballo por mor das elevadas temperaturas. Aseguran que se superan os trinta graos, temperatura que no terceiro andar xa se acadaba estes días ás 8:20 horas. Ligazón nova: http://www.cig.gal/nova/denuncian-temperaturas-insoportabeis-nos-xulgados-de-compostela.html

ESCASOS AVANCES NA MESA SOBRE REXISTRO CIVIL

Da reunión celebrada onte en Madrid acerca da proposta de acordo en materia de Rexistro Civil, só podemos dicir que fronte as reivindicacións da CIG (ás que outras OOSS se uniron na Mesa) que xa vos trasladamos esta semana (garantía de mantemento dos 431 Rexistros do Estado, exclusivamente desenvolto por persoal de Xustiza, competencias para as CCAA, reversión das encomendas a notarios e rexistradores,…), o Ministerio manifestou que o documento recolle os puntos nos que hai acordo, pero que: -       Van incluír ás CCAA -       Asumen que teñen que mudar o termo “se velará” -       Valorarán incluír a exclusividade -      Estudiarán a inclusión dun calendario de negociación para a reforma da Lei do Rexistro Civil. Para a CIG, esta resposta volve a ser únicamente unha declaración de intencións, porque non se concretan as revisións; ademáis, falta resposta sobre a reversión das encomendas e a garantía de que permanezan abertos todos os actuais Rexistros Civís. Próxima

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 21 / 0 6 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 22 , 23 e 26 de xuñ o . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMDJjVEh2NUh6emc/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

FORMACIÓN DO CENTRO DE ESTUDIOS XURÍDICOS PARA LETRADOS E FORENSES

No día de hoxe publicouse a Resolución do Centro de Estudios Xurídicos pola que se convocan 130 prazas para unha actividade formativa en idiomas (Inglés, Francés, Alemán, Italiano ou Ruso), modalidade "on line", dirixida a membros do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza e Corpo de Médicos Forenses, que estén en situación administrativa de servicio activo, que se desenrrolará a través da plataforma tecnolóxica de formación, accesible desde o Portal Web do Centro de Estudios Xurídicos. Ligazón: http://www.cej-mjusticia.es/cej_dode/servlet/CEJServlet?dispatcher=vacio&action=10&modelId=1842&type=DGM

PUBLICACIÓN CONCURSO DE TRASLADOS 2017. Xestión, Tramitación e Auxilio.

O Ministerio ven de confirmar que a data de publicación no BOE será o venres 7 de xullo. A presentación de instancia s será o 10/07/2017 e n este ano todas as solicitudes do concurso van ter que realizarse a través do Asistente de inscripción, vía web. Ligazón Ministerio: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-ordinario3 Ligazón vacantes Xestión Min isterio : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNeHEzQTJ0LTlYeWs/view?usp=sharing   Ligaz ón vacantes Tramitación Ministerio: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNanNHWkxBeXJ1dTg/view?usp=sharing Ligazón vacantes Auxilio Ministerio: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNS2RoWlo5cVc5Zzg/view?usp=sharing

REUNIÓN NO MINISTERIO SOBRE REXISTRO CIVIL

Mañán mércores, día 21, celebrarase unha Mesa no Ministerio, á que a CIG está convocada, para abordar o tema da reforma do Rexistro Civil. Coa convocatoria, o Ministerio achegou unha proposta de acordo ás organizacións sindicais presentes na Mesa para a súa sinatura. A CIG non asinará o dito acordo se non se inclúen as propostas que a continuación se subliñan: ACUERDO ENTRE EL MINISTERIO DE JUSTICIA Y LAS ORGANIZACIONES SINDICALES EN EL MARCO DE LA MESA SECTORIAL DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA  Los firmantes reconocen la necesidad de alcanzar un elevado grado de consenso para reformar la Ley 20/2011, de 21 de julio, del Registro Civil, que garantice la prestación de un servicio cercano a los ciudadanos, ágil, eficiente, de calidad y adaptado a los requerimientos de accesibilidad que proporcionan las nuevas tecnologías. Para ello resulta imprescindible la implicación de todos los empleados públicos y, por tanto, el diálogo y acuerdo de la Administración con los representantes

MESA NO MINISTERIO SOBRE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

O pasado día 15 de xuño celebrouse en Madrid unha reunión entre Ministerio e as organizacións sindicais máis representativas, entre elas a CIG , na que se trataron os seguintes temas con respecto ás aplicacións informáticas: - Fiscalía : confirman que en Valladolid xa itineran todo en electrónico entre os xulgados e a Fiscalía, facendo as integracións en Fortuny dende Lexnet, e que o Ministerio afirma que o vai extender ao resto do seu territorio progresivamente . Agardemos que a Xunta tome boa nota e faga o mesmo AXIÑA. - Formación : o Ministerio planea, no seu ámbito, no prazo de dous anos, ir incorporando progresivamente persoal de Xustiza para a formación e reducir o contrato con Indra. -  Atendendo a peticións feitas, informan: o    que a través de Entorno de órgano/datos del órgano pódese configurar o número de conta para que saia correctamente nos documentos. o    que polo esquema de tramitación S99 pódese transformar un PA en Ordinario sen problema. o

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACION APROBADOS LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - QUENDA LIBRE

No BOE de hoxe sae a Orde pola que se fai pública a relación de aprobados da Quenda Libre de acceso ao corpo de Letrados da Admón. de Xustiza, e se concede o prazo de 20 días naturais para presentar a documentación.desde o 17 de xuño ata o 6 de xullo, ambos incluidos.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET , con data de 15 /0 6 /2017 , a R esolución co a s adxudicacións das prazas ofertadas o 15 de maio , para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia , o que tamén poderede s comprobar na s eguinte li gazón. Ligazón adxudicacións : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNmJOWG84ZnZJSHc/view?usp=sharing

NOVO CONTROL HORARIO DAS PROLONGACIÓNS DE XORNADA NO VERÁN

Publicouse na intranet a circular informativa relativa ao control horario do persoal que realiza prolongacións de xornada no horario de verán. Durante a xornada de verán, comprendida entre o 16 de xuño e o 15 de setembro , o control horario do persoal que realiza prolongacións de xornada adaptarase para aplicar unha redución equivalente (2 horas e media semanais) á que se lle aplica ao persoal que non realiza a prolongación de xornada. Ligazón Circular: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNTWx2UWxGdjJoTWs/view?usp=sharing

AGRESIÓN A UNHA COMPAÑEIRA QUE EFECTUABA UN ACTO DE COMUNICACIÓN

Agredida unha traballadora dos xulgados da Coruña cando trataba de entregar unha comunicación nun enderezo de Oleiros. Ligazón "La Opinión": http://www.laopinioncoruna.es/ coruna/2017/06/08/agredida- trabajadora-juzgados- entregaba/1188848.html

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 07 / 0 6 /2017 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 8 , 9 e 1 2 de xuñ o . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNbnhaZTlyNlFNQUk/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

NOVAS VACANTES A INCLUIR NO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

Estas son as novas vacantes que a administración autonómica ven de comunicar que incluirá no vindeiro  concurso de traslados.     XESTIÓN P.A -XDO. DE PAZ DE OLEIROS (FALECEMENTO)         -SERVIZO COMÚN DE NOTIFICACIONES E EMBARGOS SANTIAGO DE COMPOSTELA (XUBILACIÓN)   TRAMITACIÓN.P.A -XULGADO DO SOCIAL Nº 2 VIGO (XUBILACIÓN)           -XULGADO DO SOCIAL Nº 1 LUGO (XUBILACIÓN)             -SECRETARIA DE GOBERNO CORUÑA, A (XUBILACIÓN) AUXILIO -XULGADO DO SOCIAL Nº 1 FERROL (EXCEDENCIA)          -XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº 1 (VSM) MONDOÑEDO (XUBILACION)

XA SE PODE FICHAR AS 7:30 HORAS NO HORARIO DE VERÁN

No día de hoxe, publicarase na intranet unha circular informativa relativa ao horario de verán 2017. O programa de control horario, dende o vindeiro 16 de xuño ata o 15 de setembro permitirá que o fichaxe da xornada laboral no horario flexible se poda realizar de luns a venres dende as 7.30 horas ata as 9.00 horas . Por fin a administración escoitou as demandas sindicais (algunha probablemente se queira apuntar o tanto individualmente) despois de varios anos de insistencia e sen terse publicado un calendario oficial de xornada laboral desde fai anos, a administración autonómica caeu da burra (o do burro) e vai a permitir que a fichaxe do horario flexible pola mañá comence dende as 7:30 horas durante todo o ano . Ligazón Circular: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNSmMtdFJDMFBDNlU/view?usp=sharing    

OFERTA DE EMPREGO 2016 - COTIZACIÓNS SS ANTES 1990 - REFORZOS

No enlace de abaixo deix á mosvos a nota informativa sobre os temas tratados na última mesa sectorial en Madrid, onde se falou da Oferta de Emprego Publico de 2016,  onde o Ministerio prevé convocar promoción interna de xestión e tramitación na primeira quincena do mes de xullo e xestión por libre na segunda quincena; das cotizacións á seguridade social anteriores ao ano 1990 e que afectan ao persoal interino e sobre a consolidación dos reforzos, a fin de que ditas prazas, unha vez creadas para a sua cobertura a través da oferta de emprego público, sexan sacadas a comisión de servizo para a sua cobertura temporal mentras se resolven os procesos selectivos. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNUx5VHRDaG1YNWM/view?usp=sharing

A AUDIENCIA NACIONAL E O EXPEDIENTE DIXITAL

A Sala de Goberno da Audiencia Nacional ten remitido unha nota na que expresa a súa "profunda preocupación" (que forma máis fina de acordarse do Ministro de Xustiza e dos seus parentes, que non teñen culpa, por certo) polo anómalo funcionamento do Expediente Xudicial Electrónico. Pois anda que, si o persoal supremo da Audiencia Nacional, esta preocupado pola marcha inestable do expediende xudicial no territorio ministerial, que tremendas eivas teremos que soportar os que de prestado, como Galiza, empregamos o mesmo sistema que o Ministerio de Xustiza, sen ter ningún control sobre o mesmo. O Ministerio incluso tivo a arroutada de tirar para adiante co seu plan de expansión do expediente dixital, a pesares de todo e mesmo do informe dos "sabios", que indicou que ningún dos aplicativos informáticos existentes en España era válido. Será unha nova táctica do Ministerio de ter entretidos ao persoal de xustiza e aos Xuices, Fiscais e Letrados, enredando coas apliacion